Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O alcalde de Tui convida ao presidente do goberno a visitar Tui para coñecer de primeira man as consecuencias da explosión do 23 de maio

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de convidar ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, a que visite Tui “coa maior brevidade que sexa posible” para coñecer de primeira man a situación que se vive no municipio tras a explosión dun almacén clandestino de material pirotécnico rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre, en Paramos.  Deste xeito, indica o rexedor, o presidente poderá “avaliar a absoluta necesidade que temos dun forte c

Bases reguladoras da concesion de prestacións de carácter económico para situacións de emerxencia social para os damnificados pola explosión de Paramos.

Bases reguladoras da concesion de prestacións de carácter económico para situacións de emerxencia social para os damnificados pola explosión de Paramos. Publicadas no BOP 115 do 15 de xuño de 2018. 

Anexos:

I Solicitude

II Obrigas Solicitante

III Declaración de Axudas e Obrigas

IV Modelo Cesión Dereito

Os afectados pola explosión de Paramos están convocados a unha reunión este sábado 16 de xuño

Undefined

Os afectados pola explosión rexistrada o pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos están convocados a unha reunión que se vai celebrar este sábado, 16 de xuño, ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei.

Asistirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e a traballadora social dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui, Carmen González.

A partir de mañá un experto en seguros asesorará aos afectados pola explosión de Paramos

Undefined

A partir de mañá xoves un avogado experto en seguros, contratado polo Concello, asesorará aos afectados nas tramitacións e reclamacións ante as súas compañías de seguros. Atenderá aos interesados os martes e xoves de 16 a 20h no Centro de Afectados. É preciso que para realizar a súa consulta os afectados leven a póliza do seguro.

Lembramos que o Centro de Afectados, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, abre de luns a venres de 10 a 14h e os martes e xoves de 16 a 20h.

O novo número de conta solidaria cos Afectados de Paramos e Guillarei é o ES80 2080 5066 7330 4003 5840

Undefined

A conta solidaria cos afectados de Paramos e Guillarei conta cun novo número e está a nome  da Asociación de Afectados. Á mesma serán transferidas doazóns rexistradas na conta aberta por ABANCA a instancias do Concello de Tui.    O novo número de conta é o ES80 2080 5066 7330 4003 5840.

Coordinar os distintos corpos para continuar garantindo as necesidades de seguridade na zona afectada pola explosión obxecto da Xunta Local celebra hoxe

Undefined

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a subdelegada do goberno en funcións, Ana Ortiz, copresidiron esta mañá a Xunta Local de Seguridade extraordinaria celebrada na casa do concello para tratar os asuntos relacionados coa protección na zona da explosión no barrio da Torre en Paramos. Estiveron presentes representantes da Garda Civil, da Policía Local e Nacional e dos Bombeiros, entre outros.

O luns reúnese a Xunta Local de Seguridade

Undefined

O próximo luns, 11 de xuño, ás 10h da mañá reunirase de xeito extraordinaria a Xunta Local de Seguridade presidida polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a subdelegada de goberno en funcións, Ana Ortiz, e coa presenza das distintas forzas de seguridade. O tema a tratar será a catástrofe de Paramos dende o punto de vista da seguridade.  

Previamente ás 9.30h reunirase a Xunta de Goberno Local para aprobar as bases das axudas establecidas con cargo ao Fondo de Emerxencia.

O Concello de Tui encargará un estudio de xestión de residuos na zona cero

Undefined

O Concello de Tui encargará un estudo de xestión de residuos da zona afectada pola explosión de material pirotécnico acontecida o pasado 23 de maio no barrio da Torre en Paramos. Así foi acordado hoxe na reunión de coordinación celebrada no Centro de Afectados coa participación de representantes do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, e a Plataforma de Afectados.

As axudas con cargo ao Fondo de Emerxencia contemplan achegas para enseres domésticos, alimentos, vestiario ou vehículos

Undefined

O Concello de Tui habilitou un Fondo de Emerxencia dun millón de euros con cargo ao remanente de tesourería, aprobado por unanimidade no pleno do pasado 31 de maio. Con cargo a este Fondo o concello vai conceder unha serie de axudas cuxa finalidade é “dar unha resposta rápida e inmediata ás necesidades das persoas ou unidades familiares que se atopen nunha situación de carencia urxente, trala explosión de Paramos, para que poidan evolucionar cara á súa autonomía e integración social”

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos