Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acordo unánime da corporación tudense reclamando ao goberno do Estado os cartos do desentullo de Paramos

Undefined

O Concello de Tui vai dirixirse ao goberno do Estado para solicitar o reintegro do preto de millón e medio de euros anticipados pola entidade local para facer fronte ao desentullo no barrio da Torre, en Paramos, tras a explosión de material pirotécnico rexistrada o 23 de maio de 2018. Así se acordou onte no pleno ordinario da corporación tudense.

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

A Oficina de Atención aos Afectados de Paramos e Guillarei trasládase á casa do concello

Undefined

A Oficina de Atención aos Afectados de Paramos e Guillarei vén de trasladarse á casa do concello de Tui. Pasa a estar situada na ala dereita do primeiro andar do edificio.  Dende a súa creación, tras a explosión rexistrada no barrio da Torre en 2018, viña prestando servizo no Centro Municipal de Formación en Guillarei. De agora en diante seguirá atendendo aos afectados os luns, mércores e venres en horario de 9 a 14 h.

XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos”

O Teatro Municipal da Área Panorámica acollerá do xoves 14 ao sábado 16 de novembro de 2019 as XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de GaliciaAccesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos”. O programa previsto é o seguinte: 

Reunión cos afectados de Paramos e Guillarei este xoves ás 20.30 h

Undefined

Este xoves, 22 de agosto, ás 20.30 h no Centro Cultural de Paramos o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, vaise reunir cos membros da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei.

Na reunión estarán tamén presentes os técnicos da oficina de atención aos afectados e foron convidados tamén os voceiros dos grupos políticos presentes na corporación municipal.

A Oficina de Urbanismo de Paramos funciona con total normalidade

Undefined

A Oficina de Urbanismo que está a xestionar os expedientes relacionados coa catástrofe de Paramos funciona con total normalidade. Ten concedido 12 licenzas de obras maior e 96 comunicacións previas. Así o informou esta mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Urbanismo, Yolanda Rodríguez.

Bases reguladoras de axudas para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" situada no barrio da Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23 de maio de 2018

Bases reguladoras de axudas para reparación de danos en vivendas da denominada "Zona Cero" situada no barrio da Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23 de maio de 2018 publicado no BOPPO o luns, 17 de xuño, de 2019.

 

Reaberta a zona cero de Paramos

Undefined

O Concello de Tui ten concedido xa 9 licenzas de obra maior para a reconstrución de vivendas na zona cero de Paramos e outras 12 solicitudes están agora en tramitación. Así o avanzou esta mañá o alcalde, Carlos Vázquez Padín, na propia zona cero de Paramos, onde esta mañá foron retirados os valados tras completar hai unhas semanas os labores de desentullo.  Alí compareceu ante os medios de comunicación xunto ao concelleiro de Seguridade, Antonio Castro, e os arquitectos Pablo Rivas e Juanma Rodríguez.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos