Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Correo de atención aos afectados e canalización de axudas tras a explosión en Paramos

Undefined

Habilitouse unha conta de correo de correo electrónico de atención aos afectados e para canalizar as axudas da explosión da pirotecnia. O enderezo é afectadostui@concellotui.org.

Lembramos que o Centro de Atención aos afectados está situado no Centro de Formación en Guillarei. O teléfono de contacto é o 986 60 39 49.

A corporación municipal de Tui celebrará mañá un pleno extraordinario urxente e emitirá unha declaración institucional tras o suceso de Paramos

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará mañá ás 20h pleno extraordinario urxente para ratificar os tres días de loito de oficial logo do suceso acaecido no día de onte na parroquia de Paramos, no que faleceron dúas persoas e unha trintena resultaron feridas. Este será o primeiro punto desta sesión plenaria, na que no segundo punto se realizará unha declaración institucional.

Resolución da alcaldía declarando tres días de loito oficial

Undefined

Como testemuña da dor dos cidadáns de Tui ante a explosión ocorrida no día de onte na parroquia de Paramos de Tui, e recollendo o sentir deste Concello polas vítimas e perdas sofridas.
Esta alcaldía, no uso das competencias que lle confire a lexislación vixente en materia de réxime local,

RESOLVE:

PRIMEIRO.- Declarar tres días de loito oficial que comprenderán dende as 10:00 horas do día 24 de maio de 2018 ata as 10:00 horas do día 27 de maio de 2018, durante os cales as bandeiras da Casa Consistorial, ondearán a media asta en sinal de loito.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Paramos