Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Consorcio do Louro non cobrará a taxa de abastecemento e saneamento ás vivendas afectadas pola explosión de Paramos que quedaron inhabitables

21/06/2018

O Comité Directivo do Consorcio do Louro acordou por unanimidade este luns tramitar a baixa temporal no padrón de usuarios para aquelas vivendas que quedaron inhabitables a consecuencia da explosión de material pirotécnico en Paramos do pasado 23 de maio. O acordou tomouse a solicitude do Concello de Tui e en base á relación de vivendas afectadas facilitada polo servizo de urbanismo de Tui.

Deste xeito, os veciños afectados non terán que facer fronte ao pago do recibo de maio-xuño de 2018 nin dos seguintes mentres que as vivendas afectadas non estean rehabilitadas e volvan a ser habitables.

O Consorcio do Louro informa amais que o último recibo emitido a estas vivendas corresponde co bimestre marzo-abril, período anterior a que as vivendas se visen afectadas pola explosión.

Lembran amais está a dispor dos usuarios as oficinas situadas nos catro concellos, en Tui na rúa Coruña, e o teléfono de atención 24 horas 900 810 103 e a súa sede electrónica para presentar calquera solicitude, consulta ou reclamación.