Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O Concello de Tui imparte obradoiros sobre o manexo dos desfibriladores aos clubs deportivos

Undefined

O Concello de Tui organiza obradoiros de manexo dos desfibriladores dirixidos aos clubs deportivos. Son impartidos polo médico tudense Rosendo Bugarín, que ensina aos participantes a empregar os desfibriladores e o soporte vital básico.

O pasado sábado, 11 de xaneiro, tivo lugar o primeiro dos cursos, no que participaron seis monitores/adestradores do Tyde F.C. Esta actividade continuará nas próximas semanas.

Até este venres pódense presentar ás ofertas para a explotación da cafetería do Centro Interfederado

Undefined

O Concello de Tui sacou a licitación a explotación da cafetería do Centro Interfederado, situado na rúa Olímpicos Tudenses por un período de dous anos, prorrogables outros dous, cun prazo máximo de duración do contrato de catro anos. O canon mínimo anual será de 4.744,80 euros

O prazo de presentación de ofertas está aberto até este venres, 13 de decembro, ás 14 h no rexistro xeral de entrada do Concello. A apertura da oferta económica terá lugar o próximo martes, 17 de decembro, ás 9.30 h.

Hoxe abre o prazo de solicitude das Bolsas a Deportistas Tudenses correspondentes ao ano 2019

Undefined

Hoxe martes, 26 de novembro, abre o prazo de solicitude das Bolsas a Deportistas Tudenses correspondentes ao ano 2019, que contarán cun orzamento de 10 mil euros. O obxectivo destas bolsas é facilitar aos deportistas tudenses a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de máis alto nivel, valorando así a súa especial dedicación ao deporte, e á súa vez á difusión que realizan da cidade de Tui nos eventos deportivos de carácter internacional nos que participan.

O Concello de Tui vén de entregar as bolsas a deportistas tudenses de alto nivel cun importe total de 6.400 €

Undefined

O Concello de Tui vén de facer efectivas as bolsas a sete deportistas tudenses correspondentes ao ano 2018 que suman en conxunto 6.400 €. Esta axuda económica concédese tras a consecución de resultados a nivel internacional tanto coa selección nacional coma cos seus clubs.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes