Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

VIII Gala do Deporte Tudense

Data: 
28/02/2020
Lugar: 
Teatro Municipal da Área Panorámica

O venres, 28 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui celebrarase a VIII Gala do Deporte Tudense 2019.

Este evento ten coma obxectivo recoñecer o traballo realizado polos distintos deportistas e clubs tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino  sub23, deportista masculino e feminino adaptado, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

No transcurso da VIII Gala do Deporte Tudense, ao igual que nos últimos anos, realizaranse distintas homenaxes a persoas que marcaron un antes e un despois na historia deportiva do concello. Do mesmo xeito haberá un recoñecemento ás e aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do Mundo e de Europa neste ano 2019.