Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Tui acollerá a saída das tropas militares que farán o Camiño de Santiago

Undefined

O próximo luns, 28 de outubro, a partir das 22.00 horas, terá lugar a saída do concurso de patrullas das Forzas Armadas Españolas, que realizarán o Camiño Portugués de Santiago. Será dende o aparcamento dos centros municipais de remo e piragüismo de Tui, situados na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do río Miño,

V Budiño Raid Terras do Louro

O sábado 19 de outubro, dende ás 19.30 h, está prevista á chegada á rúa Olímpicos dos participantes no V Budiño Raid Terras do Louro. Sairá ás 9.30 h dende Mos para realizar un percorrido de 80 quilómetros divididos en cinco sectores, cun tempo máximo de carreira de 10 horas. É unha competición multidisciplinar na que os participantes terán que demostrar a súa capacidade de resistencia, a súa orientación e a súa habilidade.  Será a cuarta proba da Liga Galega de Raids de Orientación 2019 e contará con tres categorías Élite, Aventura e Orienta – Raid.

Música, raid e coches clásicos esta fin de semana en Tui

Undefined

Esta fin de semana son varias as citas de lecer e deportivas que se celebran en Tui nas que colabora o Concello de Tui.

No eido musical, como celebración dos Días Europeos do Camiño de Santiago, temos unha dobre proposta. Mañá sábado, ás 18 h, na Catedral de Tui  poderanse escoitar distintas composicións inspiradas no Camiño de Santiago, escritas por compositores e compositoras galegos e portugueses. Será no concerto “Música en Camiño” organizado pola CEER, a Rede de Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

A II Carreira Internacional de Orientación Eurocidade celebrarase o domingo 13 de outubro

Undefined

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VIII Liga Aromon Chema Sport, organizará a II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Celebrarase o domingo 13 de outubro.

Esta evento contará con dúas probas:  unha de mañá en Valença, con inicio ás 10.30 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, ás 16.30 horas, polo conxunto histórico de Tui, tendo os interesados a posibilidade de participar nas dúas probas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes