Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

As piscinas públicas non abrirán as súas portas este verán para garantir a seguridade fronte á COVID 19

Undefined

Os concellos de Tui, Arbo, As Neves, Crecente, Mondariz, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño veñen de emitir un comunicado conxunto anunciando a non apertura das instalacións das piscinas municipais este verán como medida ante a pandemia da COVID 19.

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

Sara Tui, Gustavo Rodríguez e Rodrigo Conde galardoados co Premio Deporte Tudense de 2019

Undefined

O deporte tudense viviu onte á noite a súa festa na celebración da VIII Gala do Deporte Tudense, na que o Concello de Tui quixo recoñecer os éxitos deportivos acadados ao longo da pasada temporada.

A futbolista Sara Tui foi galardoada co premio Deporte Tudense na categoría feminina. Un galardón que recolleu a súa nai Mª del Mar Rodríguez.  Sara Tui proclamouse o ano pasado campioa do Mundo de Fútbol Praia coa Selección Española e campioa de Europa de Fútbol Praia a nivel club.

Mañá celébrase a VIII Gala do Deporte Tudense

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acollerá mañá venres, 28 de febreiro, ás 20.30 h a VIII Gala do Deporte Tudense.  Neste evento o Concello de Tui recoñecerá aos deportistas, clubs, adestradores, entidades… polos resultados acadados ao longo da temporada 2019. Así entregaranse os premios Deporte Tudense nas categorías feminina e masculina absoluto, sub23, promesa e veterano. Tamén os premios Deporte Tudense Adestrador, Deporte Adaptado, Promoción do Deporte Base, Firma Comercial, e Outras Entidades.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes