Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O Circuíto das Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença contará este ano con seis percorridos

Undefined

Seis percorridos conforman este 2020 o Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables da Eurocidade Tui-Valença. Dende 2012 estase a desenvolver esta iniciativa que anualmente realiza diversas propostas para percorrer sendas tanto en Tui coma en Valença. As andainas está organizadas pola Eurocidade Tui-Valença xunto aos clubs  Club AndaTui Rego da Pedra e Club Celtas do Minho.

O calendario previsto para este 2020 é o seguinte:

IX Eurocidade Tui - Valença

A proba foi aprazada coma medida preventiva para evitar o contaxio do coronavirus

A IX Eurocidade Btt Valença-Tui-Valença 2020  celebrarase o domingo, 29 de marzo. Haberá dous percorridos un de 44 qm e outro de 74 qm. A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orden de inscrición. A saída será, ás 9 hora española, da piscina Municipal de Valença e a meta estará situada a fortaleza de Valença.

Record de participación na Regata Miño Internacional con máis de 350 remeiros e remeiras

Undefined

A Regata Miño Internacional rexistrará record de participación este sábado na celebración da súa corenta edición. Congregará a máis de 350 remeiros e remeiras pertencentes a 16 clubs de España e Portugal. Esta proba está organizada polo Club Remo do Miño coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra,  a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Remo. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Deportes