Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

A tradicional Feira Cabalar de San Telmo celebrarase durante dous días

Undefined

A Feira Cabalar das Festas de San Telmo 2023 volve este ano a celebrarse durante dous días. Será o próximo domingo 16 e o luns 17 de abril, Luns de San Telmo, en San Bartolomeu.

Dúas xornadas nas que poderá desfrutarse do deporte hípico, da afección polo mundo dos cabalos e dunha romaría popular que congrega a miles de tudenses e visitantes cada ano.

O Concello de Tui lamenta o pasamento de Damián Estévez Rodríguez, adestrador do CD Caldelas de Tui

Undefined

Nado en Salceda de Caselas en 1986, Damián Estévez estaba casado con Yolanda Sousa e acababa de ser pai do seu segundo fillo hai uns días. Era xenro do ex concelleiro da corporación municipal de Tui, José Manuel Sousa, quen o consideraba coma un fillo. Tamén era sobriño do actual concelleiro de Parque Móbil, Javier Rodríguez Gómez.

Abertas as inscricións para a Carreira Popular de San Telmo 2023

Undefined

Até o mércores 12 de abril ás 22 h, está aberto o prazo de inscrición para a Carreira Popular de San Telmo 2023. A proba organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui, celebrarase o sábado 15 de abril, a partir das 11.00 h, no Paseo da Corredoira. Como en anteriores edicións a carreira terá carácter solidario a favor da Asociación SOS Tomiño Baixo Miño, entregando un quilo de alimentos non perecedoiro no momento da recollida do dorsal.

Mañá ás 12 h inaugúrase a exposición “O esforzo in-visible das deportistas tudenses”

Undefined

Mañá sábado, 11 de marzo, ás 12 h inaugurarase no Paseo da Corredoira a exposición “O esforzo in-visible das deportistas tudenses”. A mostra organizada dentro da programación “Ocupemos o noso lugar” conmemorativa do Día Internacional das Mulleres busca visibilizar as deportistas tudenses e o seu esforzo en distintas disciplinas.

Tui volverá a ser sede dos Campionatos de España de Embarcacións T850 e de Radiocontrol Térmico

Undefined

Esta mañá tivo lugar unha reunión de traballo entre o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez e o presidente e vogal da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández e Carlos Estévez, respectivamente, co obxectivo de renovar o convenio de colaboración entre as dúas entidades e planificar as probas deportivas deste ano 2023.

A segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño sae mañá dende Tui

Undefined

A segunda etapa da volta ciclista O Gran Camiño sairá mañá venres, 24 de febreiro, dende Tui. 

Na praza da Inmaculada estará situada a liña de saída. Será 184,30 qm de percorrido que dende Tui irá a O Porriño, Redondela, Vilaboa, Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Pontevedra, Gondomar, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarad. A meta estará no cumio no Monte Santa Trega da Guarda.  

A saída está prevista ás 10.25 h estando neutralizados os 2,8 primeiros quilómetros. 

Tui recoñece o labor de José Luís Méndez dándolle o seu nome ao Centro Municipal de Remo

Undefined

O Centro Municipal de Remo, á beira do río Miño, denomínase dende hoxe José Luís Méndez. Tui recoñece así á histórica figura do principal impulsor do remo na cidade, que tamén foi fundador do Club Remo do Miño no ano 1974.

Na fachada principal do edificio deportivo aparece xa a nova denominación, ao tempo que no interior unha placa, que foi descuberta pola viúva de José Luís Méndez, recolle o acordo plenario da corporación tudense neste senso.

Presentación da XLII Regata Miño Internacional

Undefined

Mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 11.30 h, no salón de plenos da casa do concello de Tui, terá lugar a presentación da XLII Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 14 de xaneiro, organizado polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

Pages

Subscribe to RSS - Deportes