Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

As fotografías dos bosques españois, entre eles o Aloia, forman parte da mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España”

Undefined

Unha fotografía tomada no Parque Natural do Monte Aloia de Tui é unha das 26 imaxes que conforman a mostra “Berces da Vida. De paseo polos bosques de España” que foi inaugurada esta mañá na Sala Municipal de Exposicións no edificio Francisco Sánchez. A exposición chega a  Tui da man de Afundación, coa colaboración do Concello de Tui e ABANCA.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela, e a directora da Oficina de Tui de ABANCA, Mª Teba García.

A Banda de Música Popular de Tui ofrece mañá un concerto solidario de Santa Icía protagonizado polas bandas sonoras

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, ás 20 h, o concerto solidario de Santa Icía da Banda de Música Popular de Tui no que as bandas sonoras conformarán o repertorio previsto.  A entrada será un quilo de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño – Baixo Miño. Leite, cacao, legumes en conserva, galletas, son algúns dos produtos máis demandados, pero tamén se poden entregar outros vinculados ás celebracións do Nadal.

O Concello de Tui colabora cos actos conmemorativos do 101 aniversario dos sucesos de Sobredo

Undefined

Neste ano 2023, no que se celebra o 101 aniversario dos tráxicos sucesos de Sobredo onde tres persoas labregas foron vítimas do disparos das forzas da orde contra unha mobilización agrarista, o Concello de Tui seguirá colaborando, nunha nova oportunidade, coa celebración da homenaxe aos Mártires de Sobredo que terá lugar este domingo 26 de novembro a partir das 11.00 h na carballeira de Sobredo – Guillarei.

A tradución ao galego de “Quod Nihil Scitur” de Francisco Sánchez dispoñible a cambio de alimentos

Undefined

A obra “Quod Nihil Scitur” de Francisco Sánchez adquire este días en Tui un compoñente solidario. Isto é así porque a tradución ao galego realizada polo profesor de grego e latín do IES San Paio Laureano Alonso, cambiase por alimentos non perecedoiros.

Aurora Marco presenta este mércores en Tui o seu libro “Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos”

Undefined

Este mércores, 22 de novembro, ás 19 h na Sala Félix Rodríguez a escritora e investigadora Aurora Marco que presentará o seu último libro titulado “Carmiña Sierra. A primeira muller no Seminario de Estudios Galegos”. Con esta actividade continua o ciclo de “Sobredo, 101 anos despois” organizado polo Instituto de Estudios Agrarios “Mártires de Sobredo” en colaboración co Concello de Tui

Este domingo celébrase o VIII Concurso de Pintura ao Aire Libre “Pinta Tui”

Undefined

Este domingo, 19 de novembro, dende as 10 h, as rúas de Tui acollen a celebración do VIII Concurso de pintura ao aire libre “Pinta Tui”. A intención é promover e achegar o arte e a cultura aos visitantes e incentivar a dinamización turística e as actividades do Concello. Está organizado por Efectos, co patrocinio do Concello de Tui e distintas casas comerciais.

Baobab Teatro presenta este venres no Teatro Municipal “Ás para Álex”

Undefined

“Ás para Álex” é o título da obra teatral que Baobab Teatro presenta este venres, 17 de novembro, ás 19.30 h, no Teatro Municipal de Tui.  Vai dirixida a público familiar, recomendada a partir dos 5 anos, e conta cunha duración de 50 minutos.  Esta montaxe recibiu o premio “Provincia a escena” na XXV Feira de Teatro de Castela e León en Cidade Rodrigo co que os programadores e as programadoras culturais recoñecen ao "Mellor Espectáculo Infantil e Familiar".

Este venres inaugúrase a exposición itinerante “A camelia a flor das galegas e galegos” no Paseo da Corredoira

Undefined

Este venres, 17 de novembro, ás 12.00 h terá lugar a inauguración da exposición itinerante ”A camelia a flor das galegas e galegos” no céntrico Paseo da Corredoira tudense. Ao acto de apertura desta exposición asistirán o alcalde de Tui,  Enrique Cabaleiro, membros da Corporación Municipal, representación da Deputación Provincial e de Turismo “Rías Baixas”, xunto á presidenta da Sociedad Española de la Camelia ,SEC, Carmen Salinero, así como membros de Amigos Tudenses de la Camelia, ATUCA, colaboradora neste evento. 

Pages

Subscribe to RSS - Cultura