Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

Undefined

Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha ducia de actividades en torno ao libro e a lectura na Biblioteca Municipal tudense ao longo do mes de maio, este martes 7 de maio ás 18.00 horas teremos un novo espectáculo titulado “Maxia tola e lectora” que estará a cargo de “Leo Leiño”.

Os cativos e cativas da Escola Infantil A Galiña Azul visitan a Biblioteca Municipal

Undefined

Ao longo desta semana os nenos e nenas da Escola infantil “A Galiña azul” de Tui visitan a Biblioteca Pública Municipal tudense para coñecer as súas instalacións e servizos así como participar na lectura de varios contos por parte do persoal da biblioteca. Esta actividade discorre ao longo desta semana e dos primeiros días da vindeira.

Presentación da 20ª edición de Play Doc

Undefined

Mañá xoves, 25 de abril, ás 12 h no edificio Francisco Sánchez terá lugar a presentación da 20ª edición de Play Doc, o Festival Internacional de Cine de Tui.

Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, o guionista, escritor e produtor, Pepe Coira, e o codirector do festival, Ángel Sánchez.

Play Doc celebrarase do 1 ao 5 de maio en Tui.

Xa está aberta na praza da Inmaculada a “Casa dos Libros Orfos”

Undefined

Dende onte, 23 de abril, Día do Libro, está en funcionamento, nun dos quioscos da céntrica Praza da Inmaculada,  a “Casa dos libros orfos”, unha iniciativa da Biblioteca Municipal tudense. No antigo quiosco a Biblioteca tudense depositou un amplo conxunto de libros repetidos ou descatalogados que pon ao dispor da cidadanía que pode collelos en calquera momento para gozar dun rato de lectura na propia Praza ou levalo á casa, e mesmo quedarse con el coa única condición de deixar outro no seu lugar.

A XXV Feira do Libro Galego, presentación de libros, contacontos, exposicións e un roteiro literario no Mes das Letras

Undefined

Doce actividades conforman a programación do “Mes das Letras” promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Cultura. Até o 8 de xuño desenvolverase unha ampla oferta de actividades arredor do libro, da lectura e as Letras Galegas.

Dobre presentación literaria mañá na Sala Félix Rodríguez en Tui

Undefined

A Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, acolle mañá venres pola tarde dúas presentacións literarias.

Por unha banda ás 18 h terá lugar a presentación de “Voces de un pueblo represaliado” de José Antonio Bao Lemos. O autor, natural de Vigo e afincado en Salceda, será presentado por Xurxo Vaqueiro, e participará tamén no acto o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Este venres preséntase en Tui o libro “Las costuras del guión: textos de cine y vida” de Daniel Domínguez

Undefined

Este venres, 12 de abril, ás 20 h na Sala Municipal de Exposicións, no edificio Francisco Sánchez, terá lugar a presentación do libro “Las costuras del guión: textos de cine y vida” unha recompilación de escritos do cineasta tudense Daniel Domínguez. No acto participarán Pepe Coira, acreditado produtor e guionista, e editor desta obra, así como o cineasta Carlos Amil. Ambos amigos de Daniel Domínguez e compañeiros na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Tamén participará o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro.

Presentación do Cupón da Once dedicado ás Festas de San Telmo

Undefined

Mañá venres, 5 de abril, ás 11 h na sala de reunións da casa do Concello presentarase o Cupón da Once dedicado ás Festas de San Telmo.

Participarán na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e o director da ONCE en Vigo, Roberto Gaspar Conde.

Pasarrúas musical, espectáculo familiar, concertos e teatro no venres de San Telmo

Undefined

Pasarrúas musical con Pulpiño Viascón, un espectáculo de malabares, humor e circo con Peter Punk, o peche da XIV Semana de Teatro Amador co grupo de teatro A Insua e os concertos de Pacheco Bros e Acevedos Delgados conforman a programación para mañá venres nas festas de San Telmo

Pages

Subscribe to RSS - Cultura