Máis de 250 profesionais están acreditados no MUMI que se celebra na Eurocidade Tui-Valença
Esta mañá celebrouse no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença o brinde de benvida da 5ª edición do Encontro profesional de Músicas, MUMI 2024, no que participaron José Manuel Carpinteira, presidente da Cámara Municipal de Valença; Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC); e representando á organización do MUMI en Galiza e Portugal, Diana Martins e Manuel Vicente que destacou “o grande interese do sector por estar presente nesta edición do MUMI, na que participarán 250 profesionais que terán a opor