Mañá venres preséntase o programa das Festas de San Telmo de 2025
Do sábado 19 ao luns 28 deste mes de abril celebraranse as festas patronais na honra a San Telmo en Tui. Mañá venres, 4 de abril, ás 11 h, no espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, presentarase a programación destes festexos.
Intervirán o alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, a concelleira de Comercio e Turismo, Ana Núñez, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, xunto a outros membros do goberno municipal, e de agrupacións e artistas que van participar nas festas.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.