Mañá xoves, ás 11 h, inaugúrase a exposición “Destino, unha peregrinación de Manuel Valcárcel”
Mañá xoves, 9 de outubro, ás 11 h na Sala Municipal de Exposición terá lugar a inauguración da mostra “Destino. Unha peregrinación de Manuel Valcárcel”.
ABANCA, Afundación e o Concello da Tu presentan esta mostra en Tui até o 8 de novembro.
Mañá o acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; do coordinador institucional de ABANCA en Pontevedra, José Luis Romero; da directora da oficina de ABANCA en Tui, Belén Gayo; e da coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela.
Nas catro peregrinacións do fotógrafo galego Manuel Valcárcel fálasenos de familia, de emigración, de envellecemento, de sostibilidade e de fogar, grandes temas da humanidade que nesta exposición afloran a través da viaxe interior e física de Valcárcel e das súas potentes imaxes cargadas de emoción, vida e cor.