Hoxe abre o prazo de presentación de solicitudes para a instalación de atraccións de feira e outros postos no Recinto Feiral durante as festas de San Telmo
Dende hoxe mércores, 26 de febreiro, ábrese o prazo de solicitude para a instalación de atraccións de feira e outros postos no espazo coñecido como Recinto Feiral (sito na rúa Mártires de Sobredo), durante as festas patronais de San Telmo en Tui que se celebrarán entre os días 19 e 28 de abril de 2025.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.