ButacaZero presenta este venres en Tui “Iribarne”
A compañía ButacaZero presenta este venres, 11 de outubro, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui "Iribarne" dirixida por Xavier Castiñeira e da autoría de Eshter F. Carrodeguas. A peza, unha irreverente investigación escénica, mergúllase na vida dun personaxe singular que percorre momentos clave da historia de España, desde a Monarquía de Alfonso XIII ata a ditadura franquista.