Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os Naúfragos Teatro presenta este venres no Teatro Municipal “Bulebule”

15/10/2025

A igualdade, a diversidade e o TDAH son abordados a través da historia de Candela, unha nena que quere ser patroa dun barco

Cita teatral para público familiar este venres, 17 de outubro, ás 19 h no Teatro Municipal de Tui. Os Naúfragos Teatro representarán no Teatro Municipal de Tui “Bulebule”.  Baixo a dirección de Gustavo del Río e interpretado por Irene Lorenzo e Jimmy Núñez, Bulebule conta a historia de Candela,  a quen chaman Bulebule, e que ten TDAH. A ela encántalle o mar e soña con ser patroa dun barco que quere construír ela mesma, pero atópase con que ningunha das dúas cousas é unha tarefa sinxela. Nesta historia non estará soa xa que aparecerá en escena o seu amigo Bruno, que vive nun faro e sente verdadeira paixón por compoñer música. 

O espectáculo fala da igualdade destacando o esforzo das mulleres por derrubar as barreiras que lles impiden acceder a determinadas profesións.  Tamén aborda a diversidade e o TDAH -Trastorno do Déficit de Atención con Hiperactividade-.

As entradas están á venda en tui.gal, até 10 minutos antes do inicio da función, aos prezo de 4€ e 3€.

Entradas