Davide González e Iria Pinheiro presentan este venres en Tui “Pitiminí”
Haberá dobre función deste concerto para bebés no Teatro Municipal
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres un concerto para bebés da man de Davide González e Iria Pinheiro. Trátase de “Pitiminí”, un espectáculo sensorial deseñado especialmente para os máis pequenos e para ás súas familias. No mesmo propoñen unha viaxe musical con melodías e sons que estimulan a curiosidade dos bebés nun ambiente seguro e acolledor.
Davide González e Iria Pinheiro continúan, nesta proposta, creando teatro familiar despois da súa traxectoria conxunta en diferentes compañías. A súa bagaxe profesional en varias disciplinas ao redor das artes escénicas fai de Pitiminí un completo menú artístico que fomentará nas crianzas o desenvolvemento emocional e cognitivo a través da danza, da música e da poesía.
Este venres no Teatro Municipal haberá dúas funcións ás 17.30 h e ás 19 h. As entradas aos prezos de 4€ e 3€ están á venda en tui.gal.





