Bruno Ferreira Martínez do CEIP de Caldelas gañador do concurso da postal de Nadal do Concello de Tui
O alumno de 6º curso de Primaria do CEIP Plurilingüe de Caldelas, Bruno Ferreira Martínez, é o gañador do concurso de debuxo escolar convocado polo Concello de Tui para a elección da postal de Nadal deste Concello para este ano 2024. O xurado recoñeceu na obra deste rapaz, de 11 anos de idade, unha boa capacidade técnica na representación da imaxe máis significativa da nosa cidade como é a catedral de Santa María.