As músicas e os músicos locais protagonizarán unha Jam Session no novo espazo da rúa Camilo José Cela
As músicas e os músicos tudenses e da contorna reuniranse o próximo venres, 28 de febreiro, nunha Jam Session no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela. Nunha iniciativa conxunta do Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, e a promotora local FB ProduXion.