Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Mañá inaugúrase a exposición fotográfica de Manuel Martínez Tobaruela “Cuentos, relatos y narraciones”

Undefined

Mañá martes, 3 de outubro, á 19.30 h terá lugar a inauguración da exposición de fotografías de Manuel Martínez Tobaruela titulada “Cuentos, relatos y narraciones”. Esta actividade forma parte da programación do “Outubro, Mes da Biblioteca” que ao longo deste mes ofrece un programa de actividades arredor do libro e a lectura para todas as idades.

Mañá preséntase a programación cultural do outono no Teatro Municipal de Tui

Undefined

Mañá venres, 29 de setembro, ás 11 h na casa do concello presentarase a programación de outono no Teatro Municipal de Tui que comezará o próximo venres 6 de outubro.

Asistirán a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente, xunto a Alba Caneda, actriz, Antela Cid, produtora, e Fran Peleteiro, produtor da Compañía Humana, e Laura De Gabriel Alberti, produtora de Uxía Lambona, dúas das compañías que actuarán no Teatro Municipal este outono.

Mañá mércores derradeira conferencia sobre Francisco Sánchez a cargo de Laureano Alonso

Undefined

Mañá mércores, 27 de setembro, ás 20 h terá lugar a derradeira das conferencias sobre Francisco Sánchez, organizadas polo Concello de Tui dentro do programa ‘Setembro Xudeu en Tui’ para conmemorar o IV centenario do seu falecemento na cidade francesa de Toulouse.

O MUMI saca músculo e consolídase como o espazo de internacionalización das nosas músicas

Undefined

A 4ª edición do MUMI remata coa certeza de ter colocado novos e importantes chanzos no seu obxectivo de tender unha ponte entre as músicas de Galiza e Portugal abrindo o camiño da internacionalización para ambos territorios. O mercado da lusofonía e a conexión con outros territorios do Estado a través da colaboración iniciada este ano coa prestixiosa Fira Mediterrània de Manresa debuxan un horizonte ilusionante para artistas e programadores que atopan na feira oportunidades e contactos para vender as súas propostas.

O MUMI pecha hoxe domingo cunha gran festa de música nas rúas

Undefined

Tras dúas xornadas de encontros, faladoiros e showcases, o Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal chega hoxe domingo ao seu fin cun programa de música polas rúas da Fortaleza de Valença, onde os Gaiteiros da Ponte Velha e a banda Gooze House Marching Band teñen a misión de contaxiar ao público cos ritmos das súas propostas musicais, ambas construídas a partir do estudo e a experimentación a partir da tradición.
 

Tui celebra o Día Internacional do Turismo amosando o seu potencial ambiental

Undefined

Un ano máis o concello de Tui celebra o Día Internacional do Turismo, que se conmemora o mércores 27 de setembro,  e farao nesta ocasión pondo en marcha  unha completa programación que durará ata a fin de semana e que  combinará actividades para a cidadanía con actividades para os profesionais do  sector turístico que opera na cidade, poñendo o aceno nos investimentos verdes tal e como marca a temática desta efeméride internacional.

O MUMI presenta as músicas que imos ver nos escenarios nos próximos meses

Undefined

A programación profesional do MUMI dará comezo hoxe venres ás 10:30 na ZONA PRO instalada no edificio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença. A xornada comezará cunha rolda de encontros rápidos ou speedmeetings que se sucederán durante toda a fin de semana e onde bandas e artistas terán a oportunidade de presentar as súas propostas musicais ante distintos grupos de responsables de programación de salas, festivais, concellos e outras entidades públicas e privadas que conforman o ecosistema musical a ambas beiras do Miño.

Pages

Subscribe to RSS - Cultura