Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

Comparecencia con motivo da apertura da fronteira entre España e Portugal

Undefined

Ás doce desta noite, con motivo da apertura da fronteira entre España e Portugal o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o equipo de goberno, comparecerán ante os medios de comunicación na vella Ponte Internacional de Tui.

A continuación comparecerán tamén xunto ao presidente da Cámara de Valença. Manuel Lopez, e o equipo de goberno valenciano.

Comparecencia do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença o venres

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lópes, comparecerán este venres, 29 de maio, ás 11 hora española, no medio da vella Ponte Internacional. 

Nesta comparecencia os mandatarios da Eurocidade farán pública a súa posición dando a coñecer as razóns polas que van reclamar a apertura da fronteira de xeito inmediato para os habitantes da Eurocidade Valença-Tui.
 

Tui pecha as instalacións culturais e deportivas e suspende a programación propia coma medida preventiva ante o coronavirus

Undefined

O Concello de Tui vén de acordar unha serie de medidas para previr o contaxio por Coronavirus. Estas decisións adoptáronse por unanimidade na xunta de portavoces celebrada este mediodía na casa do concello. A duración ou modulación das medidas adoptadas se tomará de acordo coas directrices establecidas polas autoridades sanitarias competentes.

Así pecharanse as instalacións municipais de carácter cultural e deportivo dende mañá e suspéndese a programación propia.

O Circuíto das Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença contará este ano con seis percorridos

Undefined

Seis percorridos conforman este 2020 o Circuíto de Andainas/Trilhos Saudables da Eurocidade Tui-Valença. Dende 2012 estase a desenvolver esta iniciativa que anualmente realiza diversas propostas para percorrer sendas tanto en Tui coma en Valença. As andainas está organizadas pola Eurocidade Tui-Valença xunto aos clubs  Club AndaTui Rego da Pedra e Club Celtas do Minho.

O calendario previsto para este 2020 é o seguinte:

IX Eurocidade Tui - Valença

A proba foi aprazada coma medida preventiva para evitar o contaxio do coronavirus

A IX Eurocidade Btt Valença-Tui-Valença 2020  celebrarase o domingo, 29 de marzo. Haberá dous percorridos un de 44 qm e outro de 74 qm. A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orden de inscrición. A saída será, ás 9 hora española, da piscina Municipal de Valença e a meta estará situada a fortaleza de Valença.

A Eurocidade Tui-Valença debaterá o luns o seu futuro nunha sesión plenaria histórica entre as corporacións municipais de dous países

Undefined

A corporación municipal de Tui e a Assembleia Municipal de Valença celebrarán o próximo luns, ás 21 hora española, no auditorio da Cámara Municipal de Valença, unha sesión plenaria histórica con motivo do oitavo aniversario da constitución da Eurocidade entre os dous municipios.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade