Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Camiño Portugués Porto-Tui

Data: 
19/02/2020
Lugar: 
Porto-Tui

A Eurocidade Tui-Valença organiza a realización do Camiño Portugués a Santiago dende Porto até Tui en cinco etapas, en cinco domingos nos meses de maio, xuño e xullo.  O calendario establecido é o seguinte:

  • 10 de maio – Oporto - Vilarinho (25 quilómetros)
  • 24 de maio – Vilarinho - Barcelos (26 quilómetros)
  • 7 de xuño – Barcelos - Vitorino de Piães (22 quilómetros)
  • 5 de xullo - Vitorino de Piães – Agualonga (27 quilómetros)
  • 26 de xullo -  Agualonga – Tui (25 quilómetros)

As inscricións para a realización do Camiño Portugués Porto-Tui poden realizarse na web www.andatui.es até completar as 50 prazas ofertadas. O prezo por persoa é de 25€ incluíndo o transporte, froita e auga en cada etapa.

Este proxecto conta co financiamento do programa Interreg España Portugal, ao igual que o conxunto das actividades do Calendario Deportivo da Eurocidade Tui-Valença no marco do proxecto Unicidade 2020.