Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

A Eurocidade Tui-Valença celebra a única Cabalgata de Reis internacional e transfronteiriza

Undefined

A maxia e a ilusión encherán este domingo, 5 de xaneiro, a Eurocidade Tui-Valença, cunha nova edición da Cabalgata Internacional de Reis. Trátase dun evento único con carácter transfronterizo que dende hai dez anos percorre os dous municipios. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren á estación de Valença ás 16 hora galega. 

Así o explicaron hoxe o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e o vereador de Cultura de Valença, José Monte, en rolda de prensa. 

Mañá preséntase a Cabalgata Internacional de Reis da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Mañá venres, 3 de xaneiro, ás 11 h na casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Cabalgata Internacional de Reis que terá lugar este domingo na Eurocidade Tui-Valença.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, e dos responsables de Cultura dos dous municipios Sonsoles Vicente e José Monte.

Cabalgata Internacional de Reis

Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán en tren á Eurocidade Tui-Valença o próximo domingo 5 de xaneiro de 2020. Ás 16 hora galega está prevista a súa chegada á estación de tren de Valença, para iniciar o seu percorrido internacional polas avenidas do Colegio Portugués, Miguel Danzas, rotonda da Trapicheira, e avenida de Espanah en Valença até a vella Ponte Internacional, e logo continuará pola avenida de Portugal, Martínez Padín, Agusto González Besada e o Paseo da Corredoira.

IV Encontro de Coros da Eurocidade

As agrupacións corais da Eurocidade Tui-Valença danse cita no IV Encontro de Coros da Eurocidade. Celebrarase o domingo, 17 de novembro, ás 17 hora galega no Auditorio de Verdoejo en Valença. 

Participan as corais tudenses San Telmo, do Centro Sociocomunitario e Ponte das Febres de Ribadelouro, as corais valencianas Polifónico S. Teotónio e Polifónico de Verdoejo.

Río Miño: un destino navegable

O proxecto “Río Miño: un destino navegable” ten como obxectivo mellorar a navegabilidade do río Miño Internacional, pór en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natura 2000 do Baixo Miño/Rio Minho e aproveitar a existencia de patrimonio cultural e natural de alto interese turístico no val do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira, convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.

Undefined

A II Carreira Internacional de Orientación Eurocidade celebrarase o domingo 13 de outubro

Undefined

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VIII Liga Aromon Chema Sport, organizará a II Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade. Celebrarase o domingo 13 de outubro.

Esta evento contará con dúas probas:  unha de mañá en Valença, con inicio ás 10.30 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, ás 16.30 horas, polo conxunto histórico de Tui, tendo os interesados a posibilidade de participar nas dúas probas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade