Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

 

 

 

 

Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos. 

VII Torneo de Tenis da Eurocidade Tui-Valença

Do 1 oa 19 de setembro disputarase o VII Torneo de Tenis da Eurocidade Tui-Valença. Terá lugar nas pistas de Areas e nas pistas da piscina de Valença. Disputarase nas categorías asboluta masculina e feminina, dobres masculino e mixto, veteranos +45 e +55, junior, catede, infantil, alevín e benxamín. 

O prazo de inscrición está aberto até o de 25 de agosto, sendo gratuíta para os menores, e de 5€ para individuais e dobres.   A inscrición pode realizarse no 658 866 403 en no Facebook tenistui.asociación  ou en www.ibertenis.com. 

 

Pajarito, Troula Animación, Clown Nano, Circo Chosco e Daniel Gonçalves pechan o FIAR 2021

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença despide hoxe a primeira edición do FIAR, Festival Internacional de Artes de Rúa, con seis novas funcións a unha e outra beira do río, adaptadas as medidas sanitarias en vigor en cada municipio.  Precisamente o cambio a nivel medio de restricións no que está Tui dende este sábado levou á organización do FIAR 2021 a mudar o espectáculo previsto inicialmente por parte de Troula Animación, xa que se trataba dun espectáculo itinerante no que o público ía acompañando a función, por outro que se realizará de forma estática con público sentando, cumprindo así a nova normati

FIAR - Domingo 25

Prosegue o I Festival Internacional de Artes de Rúa. É unha iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui subvencionada polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

Domingo, 25 de xullo, de 2021

Ás 15.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Pajarito con “A Vida Tola de Pajarito”. Aforo 50 persoas. Entradas

FIAR - Sábado 24

A Eurocidade Tui-Valença acolle o venres 23, sábado 24 e domingo 25 de xullo de 2021 o I Festival Internacional de Artes de Rúa. É unha iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui subvencionada polo programa UNICIDADE Interreg España-Portugal.

Sábado, 24 de xullo

Ás 15.30 h en Valença espectáculo O Pulpiño Viascón con “Musicleta”

Cinco compañías e oito funcións abren mañá o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Mañá venres, 23 de xullo, comeza Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença coas primeiras oito funcións da man de cinco compañías. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown, música, …

Páxinas

Subscribirse a RSS - Eurocidade