A Eurocidade Tui – Valença acollerá o IV Encontro Ibérico AUDI 2025
A Eurocidade Tui-Valença acollerá o sábado 2 de agosto o IV Encontro Ibérico Audi organizado por PRC Vigo Audisport - Club Audi Galicia. Nesta cuarta edición, que se prevé reúna máis dun centenar de persoas, os organizadores apostaron por Tui e por Valença, salientando o atractivo turístico das dúas cidades e a súa situación estratéxica.