IX Enduro Cidade de Tui
O domingo 27 de xaneiro vaise celebrar o IX Enduro Cidade de Tui organizado polo Motoclub Randufe coa colaboración do Concello de Tui e a Eurocidade Tui-Valença
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
O domingo 27 de xaneiro vaise celebrar o IX Enduro Cidade de Tui organizado polo Motoclub Randufe coa colaboración do Concello de Tui e a Eurocidade Tui-Valença
A VIII Eurocidade BTT organizada polo club Biciosos e a Eurocidade Tui-Valença celebrarase o domingo 17 de marzo 2019. Haberá dous percorridos un de 47 km e outro de 77 km. A proba estará neutralizada até o quilómetro cinco, e cómpre lembrar que non ten carácter competitivo. Unha das novidades deste ano será que A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orde de inscrición. Establécese un máximo de 1.200 participantes.
A Eurocidade Tui-Valença presentou este mediodía o seu primeiro almanaque conxunto que nace con vocación de continuidade e que plasma o patrimonio e a vida de Tui e de Valença a través de doce láminas obra da artista plástica galega María Meijide. Edítanse 1.000 exemplares – 500 para Tui que serán distribuídos en establecementos públicos - cun investimento de preto de 5 mil euros sufragado a parte iguais por Tui e Valença.
Mañá venres, 18 de xaneiro, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do almanaque de 2019 da Eurocidade Tui-Valença ilustrsado pola artista plástica María Meijide.
Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren, o sábado 5 de xaneiro, á estación de ferrocarril de Valença, onde serán recibidos polas autoridades municipais, e a continuación haberá unha pequena escenificación.
O sábado, 1 de decembro, ás 17 hora española celébrase o VII Trofeo Eurocidade de Natación. Será nas piscinas municipais de Valença.
O pavillón municipal de Tui acolle o domingo, 18 de novembro, o V Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade Tui-Valença. A entrada será de 7€. Trátase dunha competición puntuable nos dous países, para o Trofeo do Norte e Galicia. En total participaran 250 persoas das que 100 competirán en parellas e 50 máis en grupos. A cita comezará ás 10h cos bailes estándar, ás 14.30h os bailes latinos, ás 17.30h os grupos e Solo Dance, e partir das 18.30h os niveis máis altos.
O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VII Liga Aromon Chema Sport, organizará a I Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade, que se celebrará este domingo 14 de outubro.
Esta evento contará con dúas probas, unha de mañá en Valença, con inicio a partir das 10.00 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, a partir das 16.00 horas, polo conxunto histórico de Tui. Os interesados teñen a posibilidade de participar nas dúas probas.
Do 13 ao 30 de setembro di sputarase pistas de tenis da piscina municipal de Valença e nas pistas de tenis de Areas “V Torneo de Tenis da Eurocidade”, que organiza o Club Tenis Tui, coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença.
As inscricións poden realizarse a través da páxina www.ibertenis.com, do 16 de agosto ao 3 de setembro. O prezo da inscrición é de 5€ por participante, 8€ para as categorías de dobres, e dende júnior a benxamín todas as categorías terán a inscrición de balde.
Este sábado 11 de agosto celebrarase andaina IV Ruta histórica de Tui nocturna. Trátase do quinto percorrido do circuíto de andainas saudables da Eurocidade Tui – Valença 2018.