Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

VIII BTT Eurocidade

Data: 
17/03/2019
Lugar: 
Eurocidade Tui-Valença

A VIII Eurocidade BTT organizada polo club Biciosos e a Eurocidade Tui-Valença celebrarase o domingo 17 de marzo 2019.  Haberá dous percorridos un de 47 km e outro de 77 km. A proba estará neutralizada até o quilómetro cinco, e cómpre lembrar que non ten carácter competitivo. Unha das novidades deste ano será que A saída dos primeiros 500 ciclistas será por orde de inscrición. Establécese un máximo de 1.200 participantes.

A saída será ás 9h dende a piscina Municipal de Valença e a meta estará na fortaleza de Valença. No percorrido haberá unha gran variedade de terreos para a práctica da bicicleta de montaña. Comezará polas rúas Valença, cruzará a vella Ponte Internacional cara ao conxunto histórico de Tui, logo irá cara Pazos de Reis, e subida ao Monte Aloia. Haberá un espectacular descenso por trialeiras e sendas, e volverán pola Ponte Internacional ata fortaleza de Valença, onde estará a meta do percorrido de 47 quilómetros. Mentres do percorrido longo continuarán ata o Monte Faro, e regresarán á fortaleza de Valença.

A inscrición está xa aberta ata o 3 de marzo o prezo será de 8€ e dende o 4 de marzo os participantes deberán aboar 10€. A proba terá carácter solidario xa que 2€ da cada inscrición se destinarán á Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei.

Ata o 15 de febreiro teñen á venda chalecos conmemorativos desta edición ao prezo de 20€. Toda a información e inscricións en https://biciosos.es