Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

O luns preséntase o programa das Festas de San Telmo 2022

Undefined

O próximo luns, 4 de abril, ás 12 h no salón de sesións da casa do concello terá lugar a presentación da programación das Festas de San Telmo 2022 que se van celebrar do 16 ao 25 de abril.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto ao outros membros da corporación municipal.

Mañá preséntase o programa da Semana Santa 2022

Undefined

Mañá venres, 25 de marzo, ás 11 h na sala de concelleiro da Casa do Concello terá lugar a presentación do programa da Semana Santa 2022.

Participarán no acto Enrique Cabaleiro González, alcalde; Sonsoles Vicente Solla, concelleira de Ensino e Cultura; Santiago Freire Comesaña, párroco de Tui e coengo; Jorge Gonçalves  Murta, da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia; Juan José Sío Castro, da agrupación de exvoluntarios de Protección Civil, e Eduardo Cadenas, da Asociación Amigos da Catedral.

Juan Diego Ingelmo gaña, por segunda vez, o concurso do cartel anunciador das Festas de San Telmo

Undefined

O concurso de carteis convocado polo Concello de Tui para a elección da imaxe anunciadora das festas patronais de San Telmo 2022 contou coa participación de 22 carteis, unha elevada cifra de participantes pola que a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente Sola, amosa a súa satisfacción.

A nena Rosalía de Castro chega este venres ao Teatro Municipal da man de Culturactiva

Undefined

Este venres, 25 de marzo, ás 19 h chega ao Teatro Municipal de Tui o espectáculo “Rosalía” da man de Culturactiva. Este espectáculo pecha a programación dos meses de febreiro e marzo neste espazo.

Baixo a dirección de Fina Calleja sobre o escenario estarán Rocío González e Cristina Collazo.

A obra achéganos á infancia de Rosalía de Castro, onde unha nena canta, xoga, le, come chocolate… Rosalía quere amosarlle aos nenos e nenas que a infancia é o lugar onde medran as poetas : entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura