Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Presentación do libro "Alejandro Viana" de Roberto Mera

O próximo xoves, 10 de marzo, ás 20 h no edificio Francisco Sánchez - Área Panorámica , terá lugar a presentación do libro "Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" de Roberto Mera, publicado pola editorial Belagua. 

No acto intervirán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Manuel Vázquez de la Cruz, de Levada Libre, e Roberto Mera, autor do libro. 

Manuel Madarnás presenta este venres no Teatro Municipal o seu traballo discográfico “La MMarca”

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 4 de marzo, ás 21 h o concerto presentación de “La MMarca” de Manuel Madarnás.  Un disco que saíu a luz o pasado mes de agosto cando se presentou amais o primeiro videoclip do tema “Abrázame”, e do que en xaneiro lanzaba o segundo sinxelo “Sway”.  Trátase, segundo Manuel Madarnás, “dun proxecto innovador, con moitas sorpresas e que trata de pór en valor a música instrumental”.

Abertas as inscricións para participar no MUMI 2022

Undefined

Desde hoxe 24 de febreiro todas as persoas interesadas en participar no MUMI 2022 poden inscribirse no encontro a través da web mumimusicas.eu. A convocatoria para candidatar propostas de artistas e bandas galegas e portuguesas permanecerá aberta ata o 31 de marzo, mentres que as inscricións para profesionais estarán abertas até as datas de celebración do evento. En ámbolos dous casos, a participación é gratuíta.

A Orquestra Miramar amenizará o Martes de Entroido en Tui

Undefined

A celebración do Entroido en Tui será musical o próximo martes, 1 de marzo, festivo local na cidade. A Orquestra Miramar actuará na rúa Compostela a partir das 19 h para amenizar unha tarde festiva.

Como xa se ten informado este ano, debido á covid, e tras as reunións mantidas coas comparsas participantes noutras edicións, non se levará a cabo do tradicional desfile de Entroido. Dende o concello anímase, aínda así, á veciñanza a gozar deste festexo, a disfrazarse e a gozar do espectáculo da orquestra Miramar, tendo en conta as medidas de seguridade fronte á covid.

A Eurocidade Tui-Valença acollerá a terceira edición do MUMI do 29 de setembro ao 1 de outubro

Undefined

O MUMI 2022 conectará ás industrias musicais galega e portuguesa na Eurocidade Tui-Valença en setembro. Celebrarase do 29 de setembro ao 1 de outubro. Esta mañá presentouse esta terceira edición coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; o xefe territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares; e representando á organización do MUMI, Diana Martins e Manuel Vicente Roxo.

Convocado o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022

Undefined

O Concello de Tui vén de convocar o concurso para elixir o cartel anunciador das Festas de San Telmo 2022, que se van celebrar do 16 ao 25 de abril. Así foi aprobado pola Xunta de Goberno Local do pasado 11 de febreiro, recolléndose un extracto desta convocatoria e as súas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do día de hoxe, luns 21 de febreiro.

O Concello de Tui súmase este 23 de febreiro á celebración do Día de Rosalía con diversas iniciativas en lembranza da nosa poeta máis universal

Undefined

O Concello de Tui, a través da concellería de Cultura, promove a conmemoración o vindeiro mércores, 23 de febreiro, do “Día de Rosalía” data na que se conmemora o 185 aniversario do nacemento da escritora máis representativa e reivindicativa de Galicia pola súa defensa do pobo e da lingua. O seu libro Cantares Gallegos sinala o inicio da restauración do uso escrito da nosa lingua e o final dos Séculos Escuros de silencio e esquecemento. A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade.

Este venres o Teatro Municipal de Tui acolle a estrea nacional de “As que limpan” de A Panadaría

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 18 de febrero, ás 21 h, a estrea a nivel nacional da obra “As que limpan”. Trátase do novo espectáculo de A Panadaría. A obra prevista inicialmente para o pasado venres día 11 tivo que adiarse unha semana, e chegará este venres ao teatro tudense.

Sobre o escenario estarán Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, que non só son as actrices deste espectáculo senón tamén as autoras e directoras desta peza teatral. Canda elas está un equipo técnico formado integramente por muller.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura