Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Semana Santa

Relixiosidade, tradición e patrimonio van da man esta Semana Santa en Tui coa recuperación dos actos procesionais e da Visita aos Monumentos que marcan o programa destes días baixo a organización da Irmandade do Doce Nome de Xesús e Santa Casa da Misericordia, a Catedral e o Concello de Tui. 

San Telmo 2022 - Luns 25 de abril

Luns 25

  • 10.00h – 15.00 h En San Bartolomeu, tradicional Feira Cabalar de San Telmo.
  • 10.30h – 12:00 h Na S.I. Catedral Misa na honra a San Telmo e Procesión pola Coronilla.
  • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, concerto da Banda de Música de Lanhelas (Caminha).
  • 17.00h – 19.00 h Na Praza da Inmaculada, os tradicionais Xigantes e Cabezudos, acompañados da Charanga A Tu Ritmo.

San Telmo 2022 - Domingo, 24 de abril

Domingo 24

  • 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Andaina Popular.
  • 12.15h – 12.45 h dende a Glorieta de Vigo ata a praza de San Fernando, desfile exaltación do traxe tradicional, a cargo da Asociación do Traxe Tradicional de Tui.
  • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda Músical de Monção.
  • 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas Circo Krasnovarak de Troula Animación.

San Telmo 2022 - Sábado, 23 de abril

Sábado 23

  • 10.00h – 13.30 h Dende a Corredoira, saída e chegada da Carreira Popular.
  • 12.00h – 14.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Charanga A Tu Ritmo.
  • 13.00h – 14.00h Nas rúas de Tui, actuación da Banda de Gaitas “Arume” de Malvas.
  • 17.00h – 17.30h Na Corredoira, pasarrúas con Súper Pandi de Hípica Celta.
  • 18.00h – 19.00h Na carpa da Corredoira, actuación musical con Vaia Ritmo de Odaiko.

San Telmo 2022 - Venres 22 de abril

Venres 22

  • 17.00h – 17.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
  • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación teatral de Culturactiva con “Saaabor!”.
  • 19.00h – 19.30 h Na Corredoira, pasarrúas “Rufina & Benito” de Troula Animación.
  • 21.00h – 22:30 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Chirlomirlo de Xuntanza de Randufe. Estrea de “O enfermo imaxinario”

 

San Telmo 2022 - Xoves 21 de abril

Xoves 21

  • 17.00h – 17.30 h Na Residencia San Telmo, actuación da Coral San Telmo.
  • 18.00h – 19.00 h Na carpa da Corredoira, actuación musical con “Cores, Contos e Rock´n´Roll con Ramona Órbita” de Pakolas.
  • 20.00h – 21.00 h Nas rúas de Tui, actuación da Escola de Gaita e Percusión “A Insua” de Caldelas.
  • 21.00h – 22:00 h No Teatro Municipal, XII Semana de Teatro Amador co grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui. Estrea de “As vacacións da Duquesa”.

 

XII Semana do Teatro Amador

Do martes 19 ao venres 22 de abril, dentro da programación das Festas de San Telmo 2022, celébrase a XII Semana do Teatro Amador coa participación dos grupos San Fins de Rebordáns, Aloia de Pazos de Reis, Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui, e Chirlomirlo de Randufe.

As entradas teñen un prezo de 2€. Poden mercarase nos enlaces que figuran a continuación, ou o mesmo día da función dende ás 20 h no despacho de billetes, reservándose 100 entradas para a venda presencial. 

San Telmo 2022 - Domingo 17 de abril

Domingo 17

  • De  12 a 15 h e de 18 a 21 h na praza da Inmaculada, I Encontro de Viños da Raia  coa participación de Adega Corisca de Tui, Adega do Vimbio de Tomiño, Adega Edmundo Val de Valença, Sergio Álvarez do Rosal, Lagar Pedregales de Tomiño, Adega do Ricón de Arbo, Adega Pateira do Rosal, Adegas Xangall de Arbo, Aquí Começa Portugal de Cevide, e Adega María Bargiela de Salvaterra de Miño
  • 12.30h – 13.30 h Na carpa da Corredoira, actuación da Banda de Musica Popular de Tui

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura