Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Mañá preséntase a XXIV Feira de Artesanía e da XXIII Feira do Libro Galego

Undefined

Maña martes, 10 de maio, ás 11.30 h, na sala de concelleiros da casa do concello de tui terá lugar a presentación da  XXIV Feira de Artesanía, que se vai celebrar do sábado 14 ao martes 17 de maio, e da XXIII Feira do Libro Galego que desenvolverá o martes 17 de maio coincidindo co Día das Letras Galegas.

Tui en Letras 2022

Catorce actividades conforman a programación de de nimación cultural e promoción da lingua galega "Tui en Letras" que se vai celebrar nos meses de maio e xuño.

 

Martes 3 de maio – sábado 11 de xuño

Exposición “Lebres como gacelas”

Sala Anexo – Sala Municipal de Exposicións

Martes 3 de maio

Inauguración exposición “Lebres como gacelas” da Deputación de Pontevedra

O contacontos “Olivia e o clarinete máxico” con Francisco Álvarez “Koki” chega mañá á Biblioteca Municipal

Undefined

Comeza a rodar a programación de actividades arredor da celebración do Día das Letras Galegas que promove o Concello de Tui baixo a denominación de “Tui en letras” e que abrangue os meses de maio e xuño con ata catorce actividades.

Mañá martes, 10 de maio,ás 17.30 h  abre a xeira de actividades na Biblioteca Municipal o contacontos “Olivia e o clarinete máxico” a cargo de Francisco Álvarez “Koki”. Esta actividade vai dirixida nenos e nenas de ata dez anos de idade. A entrada é de balde ata completar o aforo.

O martes inaugúrase a exposición “Lebres coma gacelas” que mestura palabras e imaxe, poesía e fotografía

Undefined

O próximo martes, 3 de maio, ás 20 h, na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións inaugurarase a exposición “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra. No acto inaugural haberá un recital poético a cargo de dúas voces da poética feminina de Galicia, Lorenza Conde e Miriam Ferradás, xunto a interpretación de varias pezas musicais a cargo de instrumentistas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Exposición "Lebres coma Gacelas"

Do 3 de maio ao 11 de xuño poderá visitarse na zona anexa da Sala Municipal de Exposicións a exposición “Lebres coma gacelas” promovida pola Deputación de Pontevedra. A inauguración será o martes 3 de maio a´s 20 h contando dun recital poético a cargo de dúas voces da poética feminina de Galicia, Lorenza Conde e Miriam Ferradás, xunto a interpretación de varias pezas musicais a cargo de instrumentistas do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Mañá venres preséntase o XVIII Play Doc

Undefined

Mañá venres, 29 de abril, ás 11 horas, no Teatro Municipal terá lugar a presentación do XVIII Play Doc, o Festival Internacional de Cinema de Tui, que se vai celebrar do mércores 4 ao domingo 8 de maio.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, do director da AGADIC, Jacobo Sutil, da deputada de Cultura e Igualdade, Victoria Alonso, e o codirector do festival, Ángel Sánchez.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura