Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Mañá preséntase o Campionato Galego de Patinaxe Absoluto Grupos Show que na fin de semana se celebra en Tui

Undefined

Mañá mércores, 23 de marzo, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego Absoluto de Patinaxe en Grupos Grandes e Pequenos, que se celebrará esta fin de semana, no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez de Tui. Está organizado polo CPA Ribex, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Patinaxe.

A Eurocidade BTT reúne a 1.160 participantes este domingo na súa novena edición

Undefined

Este domingo regresa a IX Eurocidade BTT, proba ciclista de montaña non competitiva, que tras dous anos de parón debido á pandemia volverá reunir aos afeccionados da BTT de Galicia e Portugal nun evento entre dous países.

A proba foi presentada esta mañá polo alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, Arlindo Sousa,  o presidente da Peña Ciclista Biciosos Rías Baixas, Eduardo Fernández, e o representantes da Federación Galega de Ciclismo, Óscar Sánchez.

Habilitado un formulario na web municipal para canalizar a axuda local á poboación ucraína

Undefined

Esta xa habilitado na web municipal un formulario para que a veciñanza poida ofrecer a súa axuda á poboación ucraína. 

Deste xeito búscase coñecer os recursos, tanto materiais coma humanos, cos que se pode contar en Tui  para axudar á poboación ucraína desprazada ao municipio.

Así por unha banda a cidadanía pode ofrecer vivenda, gratuíta ou en aluguer, pero tamén o seu tempo realizando labores de tradución, axudando en clases de castelán, levando a cabo reforzo educativo, acompañamento, clasificación e organización de material, … indicando a súa dispoñibilidade horaria.

Este mércores presentación da XLI Regata Miño Internacional

Undefined

Este mércores, 16 de marzo, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa concello de Tui, terá lugar a presentación da XLI Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 19 de marzo. Está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

O alcalde de Tui abordou con representantes de CCOO a necesidade de mellorar as conexións ferroviarias dende a cidade

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reuniuse co sector ferroviario de CCOO para abordar as melloras do servizo ferroviario.  En concreto recibiu na casa do concello a Juan Gómez e Antón Conde, representantes de Renfe e Adif, respectivamente. Este encontro forma parte da rolda de contactos que CCOO está a manter cos alcaldes e alcaldesas dos municipios próximos á liña Atlántica e do Miño.

Exposición “Sabores e aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española”

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.

Mañá preséntase en Tui o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

Undefined

O avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas presenta mañá xoves, día 10 de marzo, en Tui o seu libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, publicado por Belagua Ediciones. O acto terá lugar ás 20.00 h no Edificio Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica) e nel invervirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e Manuel Vázquez de la Cruz, membro da asociación Levada Libre.

Hoxe mércores concentración en solidariedade do pobo Ucraíno

Undefined

Hoxe ás 12 h concentración en solidariedade co pobo de Ucraína na praza do Concello.

O Concello de Tui, responde así á solicitude realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias, FEMP, de convocar á veciñanza a concentrarse hoxe, mércores 9 de marzo, ás 12 h diante da casa do concello, coma mostra de solidariedade co pobo de Ucraína. 

Deste xeito amósase o rexeitamente das entidades locais españolas á invasión deste país, aos sufrimento, dor e destrucción que está ocasionando, así coma ao éxodo forzado de millóns de persoas. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía