Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Tui obtén o respaldo de Europa e redacta a súa Axenda Urbana

Undefined

O concello de Tui inicia a redacción da súa Axenda Urbana, documento estratéxico que marcará o crecemento do concello ao longo dos vindeiros dez anos. Polas súas fortalezas a Unión Europea e o goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, decidiron apostar por Tui converténdoo no único concello da provincia de menos de 20.000 habitantes con financiamento para redactar a súa Axenda Urbana.

Rosendo Salvado protagoniza unha semana de actividades en Tui

Undefined

Rosendo Salvado será o protagonista do ciclo de actividades que se van celebrar dende o próximo luns, 30 de maio, e até o sábado, 4 de xuño, en Tui. O programa está formado por conferencias, visita guiada, concerto, e proxección dun documental sobre un dos tudenses máis egrexios ao longo dos tempos.  A presentación deste ciclo tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e a pianista Andrea González. 

Bando Fogueiras de San Xoán 2022

BANDO
ENRIQUE CABALEIRO GONZÁLEZ, ALCALDE DO CONCELLO DE TUI,

FAI SABER QUE:

Con motivo da celebración da festividade de San Xoán, e por medio do presente Bando, este Concello lembra á veciñanza as normas para a realización das tradicionais cacharelas de San Xoán.
As normas e condicións de seguridade para a realización das cacharelas son as seguintes:

A Eurocidade Tui-Valença podería ser pioneira en mobilidade cun vehículo autónomo

Undefined

A Eurocidade Tui-Valença podería ser a primeira eurocidade europea unida por un vehículo autónomo e sostible.  Os mandatarios da Eurocidade, Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, e José Carpinteira, presidente da Cámara de Valença, amosaron o seu interese neste novo medio de transporte tras probar onte o prototipo deseñado polo CTAG e que está a realizar probas na vella Ponte Internacional, a rúa común que comparten ambos municipios.

Presentación do ciclo de actividades entorno á figura de frei Rosendo Salvado

Undefined

Maña venres, 27 de maio, ás 11.30 h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación do ciclo de actividade entorno á figura de frei Rosendo Salvado que se vai celebrar do 30 de maio ao 4 de xuño.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e da pianista tudense Andrea González que ven de publicar “Salvado – Piano Works”.

O ALCALDE RECIBE A LILIANA BENVENISTE, EMBAIXADORA DA RED DE JUDERIAS – CAMINOS DE SEFARAD EN ARXENTINA

Undefined

O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu esta mañá na Casa do Concello de Tui, a Liliana Benveniste, embaixadora da Red de Juderias de España – Caminos de Sefarad, que neste días visita a nosa cidade para achegarse ao coñecemento do rico patrimonio xudeu que atesoura Tui e outras localidades de Galicia.

O Forum Peregrino contribúe á valorización do Camiño de Santiago

Undefined

 

A Aula da UNED, no antigo Convento de San Domingos, en pleno Camiño de Santiago, acollerá o sábado 21 e o domingo 22 deste mes de maio o Forum Peregrino organizado por Iacobus Tui Baixo Miño coa colaboración do Concello de Tui.

Este evento foi presentado onte ao mediodía polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, pola concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto a Juan José Sánchez, vicepresidente; Alfonso Ferreira, secretario e Jesús Carrera, vocal de Iacobus Tui -Baixo Miño.

Mañá preséntase o Forum Peregrino

Undefined

Maña venres, 13 de maio, ás 13 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o Forum Peregrino. Esta actividade vaise celebrar na Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, o sábado 21 e o domingo 22 deste mes de maio organizada por Iacobus coa colaboración do Concello de Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a representantes da asociación Iacobus.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Alcaldía