Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este mércores presentación da XLI Regata Miño Internacional

14/03/2022

Este mércores, 16 de marzo, ás 11.00 horas, no salón de plenos da casa concello de Tui, terá lugar a presentación da XLI Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 19 de marzo. Está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, co Deporte Galego da Xunta de Galicia, coa Deputación de Pontevedra e coa Federación Galega de Remo.

Na presentación deste mércores estarán presentes o alcalde de Tui en funcións e concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, así como o vicepresidente do club, Luís Moroño e a secretaria Auri Gil, acompañados por concelleiros da corporación municipal.