Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Exposición “Sabores e aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española”

Data: 
9/03/2022
Lugar: 
Sala de Exposicións Municipal

A Sala Municipal de Exposicións de Tui acolle até o xoves, 24 de marzo, a exposición “Sabores e Aromas de Sefarad. Os segredos da gastronomía xudeu-española” organizada pola Red de Juderías de España – Caminos de Sefarad e o Concello de Tui, que forma parte desta Red dende o pasado ano 2019.

A exposición, composta por 27 paneis explicativos acompañados de códigos QR que traducen e amplían o coñecemento a través da descarga de material didáctico, está enfocada no estudo dos costumes e comidas sefardíes, e foi concibida co obxectivo de difundir a cultura sefardí e rescatar o patrimonio intanxible que inspira a gastronomía xudeu-española.

A mostra, que rende homenaxe á muller xudía como transmisora da cultura e as tradicións gastronómicas, foi compilada e realizada por Javier Zafra, autor do libro homónimo editado pola Rede de Xudarías, e se mergulla no legado máis suculento da cultura sefardí por medio de apuntamentos históricos, achados gastronómicos e imaxes que contextualizan a cultura e a gastronomía xudeu-española.