O próximo mércores inaugúrase a exposición “O río que nos move” en Tui
O vindeiro mércores, 2 de setembro ás 19.00 horas, a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle o acto de inauguración da exposición “O río que nos move”. Na mesma recóllense 99 fotografías tomadas en 1985 por cinco mozos do Baixo Miño que, con idades entre os 21 e os 23 anos, decidiron descender o Miño na súa totalidade, sen ningún equipo de apoio e en canoas construídas por eles mesmos; algo que ninguén fixera antes.





