Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

E.g., 28/04/2024
E.g., 28/04/2024

Proceso selectivo formación lista de reserva para contratacións temporais prazas de condutor

11/03/2021

Mediante proposta de resolución da concellería delegada de persoal de data 09/06/2021, se propón a contratación laboral temporal  en  interinidade para praza de condutor de obras ata que se cubra en propiedade a Don Jose Antonio Saa Rodríguez.

O aspirante dispón de 24 horas hábiles para que presente a documentación necesaria segundo as bases de selección.

A documentación pode presentarse directamente no rexistro electrónico deste Concello ou ben físicamente na Casa do Concello, oficina de Rexistro.

Proceso selectivo oficiais 2º albanel, soldador e carpinteiro Plan Concellos 2021

11/03/2021

Con data 24/03/2021 se ditaron resolucións da concellería de persoal pola que se requiren aos aspirantes de oficial segunda albanel, carpinteiro e cerraxeiro a documentación necesaria para a súa contratación, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar a mesma.

Proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo completo dun oficial segunda condutor dentro plan Concellos 2021

5/03/2021

Finalizado o prazo de presentación de alegacións sen que se presentase algunha as puntuacións provisionais se consideran definitivas. Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 12/03/2021 se aceptou a o candidato proposto polo tribunal e se requiriu a documentación  necesaria para a súa contratación.

Proceso selectivo contratación 2 animadores turísticos dentro do Plan Concellos 2021

5/03/2021

Finalizado o prazo de presentación de alegacións do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 2 animadores turísticos dentro da liña 3 do Plan Concellos 2021, publicase o certificado da acta coa resolución de alegacións e coas puntuacións definitivas. 

Asemade, unha vez conocidas as puntuacións definitivas, mediante Resolución da concellería de persoal de data 23/03/2021 se require as aspirantes propostas definitivamente a documentación necesaria para contratar, as aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar a mesma.

Proceso selectivo nomeamento interino Técnico de Xestión e formación de lista de reserva

13/10/2020

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 02/08/2021 se alterou a orde da lista de reserva para nomeamentos interinos a cal estará vixente polo prazo de 3 anos (ata 20/01/2024) o  ou de menos no suposto de outro proceso selectivo para as mesmas prazas.

 

Pages