Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Bolsas de traballo e Listaxes de reserva

E.g., 19/11/2025
E.g., 19/11/2025

LISTA DE RESERVA CONTRATACIONS TEMPORAIS PROFESOR VIOLÍN 2025

13/11/2025

Mediante resolución da alcaldía de daeta 13.11.25 alterouse a lista de reserva por renuncia e aprobouse o inicio de chamamento a tódolos membros da lista de reserva alterada, ofrecendo a contratación de substitución do titular do posto por baixa de IT. Os candidatos dispñen de 2 días hábiles para aceptar ou rexeitar o ofrecemento, o prazo remata o vindeiro luns día 17.10.25.

LISTA DE RESERVA ARQUITECTO TÉCNICO ESTABILIZACIÓN

12/11/2025

Mediante Resolución da Alcaldía de data 27/10/2025 aprobouse a lista de reserva de arquitectos técnicos para nomeamentos interinos. 

Mediante Resolución da Alcaldía de data 12/11/2025 iníciase o chamamento da lista de reserva de arquitectos técnicos, para o nomeamento interino vinculado a unha baixa de IT. Os aspirantes dispoñen do prazo de cinco (5) días hábiles para manifestar se están dispostos a aceptar o chamamento, e que remata o vindeiro día 19/11/2025.

LISTA DE RESERVA PRAZAS CONDUTOR ESTABILIZACIÓN

24/10/2025

Mediante Resolución da Alcaldía de data 04/11/2025 se aceptaron as renuncias dos aspirantes o ofrecemento da contratación temporal de substitución ata a cobertura por persoal laboral fixo.

LISTA DE RESERVA NOMEAMENTOS INTERINOS PRAZAS MESTRE COMPOSTEIRO

3/10/2025

O tribunal do proceso selectivo para a formación dunha lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de mestre composteiro, reuniuse o día 17/11/2025 para a valoración dos méritos aportados polos aspirantes, publicándose as puntuacións asignadas. Os aspirantes dispoñen dun prazo de 3 días hábiles para presentar reclamacións as puntuacións da fase de concurso todo elo de acordo co artigo 11 das bases de selección, prazo que remata o vindeiro venres día 21/11/2025.

 

 

Lista de reserva nomeamentos interinos traballador/a social

8/08/2025

Mediante Resolución da Alcaldía de data 14/08/2025, nomeouse a aspirante que aceptou o ofrecemento de nomeamento interino ata a cobertura en propiedade. Asemade por Resolución da Alcaldía de data 14/08/2025 se aceptaron as renuncias das aspirantes as que se lles ofreceu o nomeamento e se alterou a orde da lista de reserva dado que era a 2ª vez que renunciaban.

LISTA DE RESERVA CONTRATACIÓNS TEMPORAIS PROFESOR PIANO-COMPOSICIÓN 2025

13/03/2025

Mediante Resolución de data 01/08/2025 se inicia ochamamento á única a aspirante da lista, ofrecendo a contratación interina ata cobertura definitiva por persoal laboral fixo, a candidata dispón de 2 días hábiles para presentar aceptar ou rexeitar o ofrecemento.. Prazo que remata o vindeiro martesdía 05/08/2025.

LISTA DE RESERVA DE PROFESORES DE VIOLÍN ESTABILIZACIÓN

17/02/2025

Iniciado o ofrecemento de contratación temporal dun profesor de violín 30 horas a semana, e ante a renuncia dos mesmos o ofrecemento, mediante Resolución da Alcaldía de data 17/02/2025, aceptouse a renuncia dos aspirantes para a contratación laboral temporal de substitución ata a cobertura por persoal laboral fixo dun profesor de violín 30 h e se iniciaron os trámites para a formación dunha nova lista de reserva que deixase inutilizada esta.

Pages