Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Procesos selectivos funcionarios carreira e laboral fixo

E.g., 30/06/2026
E.g., 30/06/2026

PROCESO SELECTIVO PRAZA OFICIAL POLICIA POR PROMOCIÓN INTERNA

31/10/2025

Con data  31.10.2025, reuniuse o tribunal do proceso selectivo, para a apertura do sobre coa identidade dos aspirantes do 1º exercicio e para a realización do 2º exercicio da fase de oposición, dando como resultado o anuncio das puntuacións finais e a proposta de nomeamento para a praza de funcionario de carreira de oficial de policía local. 

Proceso selectivo 2 auxiliares administrativos funcionario carreira oferta 2022

30/05/2025

Despois da realización do primeiro exercicio tipo test do proceso de 2 prazas de auxiliar administrativo (1 acceso xeral e 1 reserva discapacidade), o día 26/05/2026, o tribunal publica a plantilla de respostas, concedendo ás persoas aspirantes un prazo de 3 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das respostas correctas, para presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Proceso de selección para a cobertura de 3 prazas de funcionario de carreira "operarios de obras" oferta 2019

1/04/2022

Finalizado o proceso de selección para o nomeamento de funcionarios de carreira das prazas de operarios de obras, mediante Resolución da Concellaría delegada de persoal de data 12/04/2023 se aprobou a lista de reserva, para cuxo seguemento se abriu un proceso dentro da pestana de emprego público/bolsas de traballo/listaxes de reserva da paxina web municipal (prema aquí)

Proceso selectivo 5 prazas de administrativo oferta 2017 por promoción interna

11/03/2020

Certificado cos resultados provisionais do proceso selectivo 5 prazas administrativo por promoción interna vinculadas a oferta de emprego público do ano 2017, aos aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións as puntuacións provisionais; transcorrido este prazo sen presentarse alegacións as puntuacións serán definitivas e comezará a contar o prazo de 20 días naturais para que os aspirantes presenten a documentación necesaria para o seu nomeamento.