Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

E.g., 28/03/2024
E.g., 28/03/2024

Proceso selectivo formación lista reserva contratacións laborais temporais profesor de violin

31/08/2021

Rematadas as probas selectivas do proceso para a formación dunha lista de reserva para contratacions temporais de profesor de violin, publicanse as puntuacións outorgadas polo tribunal, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para a presentación de alegacións as puntuacións provisionais, rematado o prazo sen presentarse alegacións as mesmas serán consideradas definitivas en caso de alegacións as mesmas serán resoltas polo tribunal.

Proceso selectivo para a formación de lista de reserva para contratacións laborais temporais-nomeamentos interinos de prazas de operario de limpeza viaria

6/08/2021

Mediante Resolución da Alcaldía de data 25/08/2023 se ofrecen ao 4º e 5º da lista de reserva o seguinte:

1Contratación como persoal laboral temporal por circunstancias da produción dun operario de limpeza viaria, ata o
31/12/2023, e coas seguintes características:
Salario: grupo AP
Complemento destino: nivel 14
Complemento específico mensual: 574,94€
Xornada de luns a sábado.

Os aspirantes dispoñen de 2 días hábiles para aceptar ou renunciar o ofrecemento. (prazo que remata o vindeiro martes día 29/08/2023)

Lista de reserva para nomeamentos interinos de prazas de Técnico de Xestión, grupo A-2

4/08/2021

Mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 02/08/2021 se alterou a orde da lista de reserva para nomeamentos interinos a cal estará vixente polo prazo de 3 anos (ata 20/01/2024) o  ou de menos no suposto de outro proceso selectivo para as mesmas prazas.

Proceso selectivo contratación laboral temporal 10 peóns horticultura obra: Plan prestación servizos municipais 2021 (orde 12/04/2021)

3/08/2021

Anuncio resolución  contratación de 10 peóns de horticultura para a obra Plan prestación servizos municipais 2021".

Proceso selectivo peón forestal APROL 2021

5/07/2021

Rematado o prazo de alegacións as puntuacións provisionais do proceso de selección para a contratación laboral temporal dun peón forestal a tempo completo vinculado a subvención APROL 2021, sen que se presentase algunha, as puntuacións consideránse definitivas, polo que mediante Resolución da Concellería delegada de persoal de data 13/07/2021 se require o aspirante proposto polo tribunal para a súa contratación, a presentación da documentación necesaria para realizar a contratación.

O aspirante dispón de 2 días hábiles para presentar a documentación, prazo que finaliza o día 15/07/2021

Proceso selectivo peón horticultura e xardinería Plan Concellos 2021

12/03/2021

Con data 17/03/2021 se realizaron as probas do proceso de selección de 8 peóns de horticultura e xardinería dentro do Plan Concellos 2021, o tribunal otorgou as puntuacións provisionais, os aspirantes dispoñen de 3 días hábiles para presentar alegacións, no suposto de non presentarse alegacións as puntuacións provisionais se considerarán definitivas. Dado que existe empate dos aspirantes da lista de reserva con nota 5,1 que non se pode resolver cos criterios das bases de selección, se convoca ós aspirantes a realización do sorteo de desempate mañá martes día 23/03/2021 as 14:00 horas, non é obrigatoria a asistencia dos aspirantes empatados.

Proceso selectivo formación lista de reserva para contratacións temporais prazas de peón de cemiterio

11/03/2021

Mediante proposta de resolución da concellería delegada de persoal de data 09/06/2021, se propón a contratación laboral temporal  en  interinidade para praza de operario de cemiterio vinculado a baixa de IT de Don Manuel Alonso Besada a Don Javier Coido Rico.

O aspirante dispón de 24 horas hábiles para que presente a documentación necesaria segundo as bases de selección.

A documentación pode presentarse directamente no rexistro electrónico deste Concello ou ben físicamente na Casa do Concello, oficina de Rexistro.

Proceso selectivo formación lista de reserva para contratacións temporais prazas de condutor

11/03/2021

Mediante proposta de resolución da concellería delegada de persoal de data 09/06/2021, se propón a contratación laboral temporal  en  interinidade para praza de condutor de obras ata que se cubra en propiedade a Don Jose Antonio Saa Rodríguez.

O aspirante dispón de 24 horas hábiles para que presente a documentación necesaria segundo as bases de selección.

A documentación pode presentarse directamente no rexistro electrónico deste Concello ou ben físicamente na Casa do Concello, oficina de Rexistro.

Pages