Seis magos participan no I Concurso de Maxia na rúa Miñomáxico
Seis magos participarán este sábado, 17 de agosto, no I Concurso de Maxia na rúa – Miñomáxico en Tui, organizado polo Concello de Tui coa colaboración dos magos Samuel Moreno e Javier Argüelles. A cita será no conxunto histórico onde os magos irán actuando cada media hora, e haberá un personaxe que irá conducindo ao público no percorrido dende ás 19.30 h.