Preto de 34 mil persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de Turismo de Tui
Preto de 34 mil persoas pasaron este verán pola Oficina Municipal de Turismo de Tui. Estas son as cifras recollidas neste punto de información turística ao longo dos meses de xuño, xullo e agosto contabilizando tanto o número de turistas coma de peregrinos. Son preto de 2 mil persoas máis que no mesmo período de 2016.