Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

Concentración en Tui da Selección Española Feminina de Kaiak Polo

Undefined

Esta  fin de semana Tui será sede da concentración da selección nacional feminina de Kaiak Polo. O equipo nacional preparará na cidade o Campionato de Europa que se disputará en Catania (Sicilia-Italia), do 3 ao 10 de outubro.

A Selección Española Feminina de Kaiak Polo que se vai concentrar en Tui estará conformada por 11 deportistas, entre as que estarán tres padeeiras do Club Piragüismo Penedo Te Importa, Eva Ara, Ainhoa Castro e Laura Fernández e un adestrador.

O alcalde e os concelleiros de Deportes e Turismo despediron aos membros equipo olímpico uruguaio concentrado en Tui que partiu cara Toquio

Undefined

Hoxe partiron dende Tui cara Toquio os membros da selección uruguaia de Remo que estiveron concentrados na cidade dende o pasado 12 de xuño.  En concreto participarán nos Xogos Olímpicos Bruno Cetraro, que será o abandeirado da delegación uruguaia, e Felipe Kluver, xunto ao adestrador Osvaldo Borchi.

Estanse a executar obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas cun investimento de 77 mil euros

Undefined

Estes días estanse a executar as obras de remodelación dos vestiarios do campo de fútbol O Foxo de Caldelas.

Os traballos consisten tanto na remodelación completa dos vestiarios existentes coma na creación dun segundo vestiario tras reconverter a caseta que acollía a oficina e o almacén.

Este domingo celébrase o VII Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade Tui-Valença

Undefined

Tui acolle este domingo 27 de xuño, a partir das 10:30 horas, no novo pavillón deportivo municipal, o VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento está organizado polo Club Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. O evento poderá seguirse en liña a través da canle de Youtube da Federación Galega de Kung Fu, ou presencialmente até completar o aforo do pavillón.

Presentación do VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Undefined

Mañá martes, 22 de xuño, ás 12.00 horas españolas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do VII Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade. Este evento está organizado polo Club Ximnasia e Auga de Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu. Celebrarase o domingo 27 de xuño, a partir das 10.30 horas, no novo pavillón deportivo municipal de Tui.

Presentación do Campionato Autonómico Sub11 de bádminton

Undefined

Mañá xoves,  17 de xuño, ás 12.00 horas, na sala de concelleiros da casa do concello de Tui, realizarase a presentación do Campionato Autonómico Sub11 de bádminton. Esta proba celebrarase este sábado, 19 de xuño, no pavillón do IES San Paio de Tui.

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Federación Galega de Bádminton, Rodrigo Sanjurjo, e a presidenta e o secretario do Club Bádminton Tui, Marisa Giraldez e Javier Argüelles.

Hoxe abre o prazo de inscrición no Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021

Undefined

O Concello de Tui, a través das concellerías de Igualdade e Deportes, realizará durante o mes de xullo o Campamento de Verán “Igual é +” Tui 2021.

Este campamento vai destinado aos nenos e nenas e mozos e mozas de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio de cada quenda).

A piloto Leticia López e a copiloto María Martínez foron recibidas na casa do concello

Undefined

Esta mañá foron recibidas na casa do concello as tudenses Leticia López e María Martínez, piloto e copiloto de Rallys. Cun Peugot 107 están a competir no campionato galego no Open Donas. Hai un días participaban no Rally da Coruña, e o próximo sábado, 19 de xuño, participarán no Rally de Pontevedra. 

O alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, e a concelleira de Igualdade, Ana Mª Núñez, trasladáronlles as súas felicitacións polos resultados acadados. 

Pages

Subscribe to RSS - Deportes