Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

A maxistrada Paz Filgueira dará mañá lectura ao manifesto do 8M en Tui

Undefined

A maxistrada Paz Filgueira será mañá venres a encargada de dar lectura ao manifesto do 8M en Tui. Será no acto central que se celebrará dende ás 19 h no Teatro Municipal. Paz Filgueira na actualidade é maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 de Santiago de Compostela con competencia en violencia sobre a muller. É especialista en violencia de xénero no ámbito penal e laboral por acreditación do Consello Xeral do poder Xudicial, forma parte da asociación de Xuízas e Xuíces para a Democracia, na que durante tres anos coordinou a Comisión de Violencia de Xénero.

Tui conmemora o 8M reivindicando unha sociedade máis xusta e igualitaria

Undefined

Baixo o lema “Dereitos, Xustiza e Acción, por e para todas”, neste 8M,  Día Internacional da Muller, o Concello de Tui apela ao cumprimento efectivo da Lei de Igualdade, poñendo o foco na necesidade de que os dereitos conquistados se traduzan en xustiza e acción concreta na vida cotiá das mulleres.

O Concello de Tui, a través da Concellería de Igualdade, deseñou para este 8M unha ampla e diversa programación situando no centro do debate a necesidade de avanzar cara a unha xustiza real e efectiva para as mulleres, en consonancia co chamamento de ONU Mulleres para este 2026.

Tui conmemora o 25N baixo o lema “O noso corpo, campo de batalla”

Undefined

O Concello de Tui realizará mañá martes, 25 de novembro, dous actos para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres,  baixo o lema “O noso corpo, campo de batalla”.  Cos mesmos fará unha chamada á reflexión colectiva sobre as violencias que atravesan a vida das mulleres e á responsabilidade compartida de combatelas.

A programación deste ano aposta pola creación artística, a expresión performativa e a participación da comunidade escolar e da cidadanía. 

Tui coas mulleres de Gaza este 25N

Undefined

Este venres 21 celébrase o acto “Tui coas mulleres de Gaza” ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, coa actuación da cantante galego-palestina Najla Shami e cunha lectura colectiva. Este acto forma parte da programación organizada polo Concello de Tui baixo o lema “O noso corpo campo de batalla” con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, alzando a voz contra o ataque aos dereitos humanos que está a acontecer en Gaza.

A presentación do libro “As trampas da pornografía” abre a programación do 25N en Tui 

Undefined

Este mércores, 19 de novembro, ábrese en Tui a programación do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, organizada polo Concello de Tui co lema “O noso corpo, campo de batalla”. O primeiro acto será a presentación do libro “As trampas da pornografía”, de Chis Oliveira, Amada Traba e Priscila Retamozo ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.

“O noso corpo, campo de batalla” lema do concello de Tui na loita pola igualdade no 25N

Undefined

Co rotundo lema “O noso corpo, campo de batalla” o Concello de Tui alza a voz contra as violencias machistas e reivindica os dereitos da mulleres.  Vaino facer cun amplo programa de actividade que abranguerá diversos ámbitos dende a educación, a cultura, o deporte, a formación, o pensamento, a comunicación, e a acción social e política.   O lema escollido, “O noso corpo, campo de batalla”, inspírase na obra de Barbara Kruger Your Body Is a Battleground, símbolo da loita polos dereitos das mulleres.

Páginas

Suscribirse a RSS - Igualdade