Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

O benestar e empoderamento das mulleres centra o programa Feminino Plural

Undefined

O benestar e empoderamento das mulleres centra o programa de actividades “Feminino Plural” posto en marcha polo Concello de Tui a través da concellería de Igualdade.

Esta nova edición está creada especificamente para as mulleres, co obxectivo de abrir espazos de encontro, autocoidado e reflexión arredor da igualdade. Deste xeito, a través dunha variada proposta de actividades, búscase visibilizar o papel das mulleres na sociedade, reforzar o seu benestar integral e favorecer o seu empoderamento persoal e colectivo.

Tui celebrará o festival Boas Vibes o sábado 6 de setembro

Undefined

Un punto de encontro entre a mocidade, a creatividade e a cultura. Así será o Festival Boas Vibes que se celebrará en Tui o sábado, 6 de setembro.  Esta iniciativa posta en marcha no outono de 2024 pola concellería de Igualdade, da un paso máis converténdose nun festival co que despedir co verán, tras o éxito acadado na primeira edición. Volverá a promover as “boas vibras”  poñendo a igualdade de oportunidades, o respecto, a cohesión social e a corresponsabilidade no centro.

O programa Feminino Plural ofrece unha actuación multidisciplinar, integral e feminista ás mulleres tudenses

Undefined

O Concello de Tui desenvolverá durante este mes de agosto e o de setembro o programa “Feminino Plural”. Promovida pola Concellería de Igualdade trátase dunha iniciativa integral, multidisciplinar e profundamente feminista que pon no centro ás mulleres e as súas realidades, e que responde á urxencia de actuar fronte ás múltiples formas de violencia e desigualdade estrutural que aínda sofren as mulleres hoxe en día. “Feminino Plural” é unha declaración de intencións e de acción pola igualdade.

Listaxe de requirimento de emendas para os Campamentos de Verán Tecnolóxicos e de Aventura

Undefined

Vense de publicar a Listaxe de requirimento de emendas para os Campamentos de Verán Tecnolóxicos e de Aventura.

Establécese un prazo de tres días hábiles a partir do día seguinte da súa publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non facelo considerarase que desistiu da súa solicitude…

Unha vez rematado este prazo publicarase a listaxe definitiva de admitidos e excluídos en cada quenda.

O Concello de Tui oferta dous novos campamentos para este verán

Undefined

O Concello de Tui oferta dous novos campamentos de verán, un Tecnolóxico e outro de Aventuras, que se suman ao Igual É +, brindando así novas alternativas de lecer para a época estival e facilitando a conciliación no período de vacacións escolares.

O prazo de inscrición para ambos será dende mañá martes, 3 de xuño, até o luns 9 de xuño ben a través do Rexistro de Entrada na casa do concellou ou da sede electrónica municipal.

Tui pecha a programación do 8M con Asdomare con Vero Rilo e Sonsoles Penadique

Undefined

O espectáculo “Asdomare” de Vero Rilo e Sonsoles Penadique pecha este domingo, ás 12.30 h no Mercado de San Antonio a programación do 8M organizada polo Concello de Tui.

Neste espectáculo, “Asdomare”, dirixido a público familiar Vero Rilo e Sonsoles Penadique contarán unha historia que levará ao público a coñecer a realidade das mulleres do mar, ou do mar das mulleres. É tamén a senda dos faros que alumean A Maruxaina, A pedra do cú da raíña, os cantos das conserveiras... Todo o que o mar quita, todo o que o mar deixa.

Preto de 30 mulleres participarán no Mercado Elas Facedoras esta fin de semana en Tui

Undefined

O espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá este sábado 22 e este domingo 23 o Mercado Elas Facedoras dentro da programación do 8M “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre”. Participarán preto dunha trintena mulleres amosando as súas creacións en artesanía, decoración, moda, téxtil, gastronomía, xoiería, agasallo, ilustración, pintura ou escritura.

O mercado contará amais  cun programa de actividades complementarias, que incluirá unha mesa de debate, actuacións musicais e monólogos de humor.

Presentación do libro “As benfaladas” de María Xosé Porteiro este xoves en Tui

Undefined

A programación do Concello de Tui “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre” polo 8M, Día Internacional da Muller, continúa este xoves, 20 de marzo, coa presentación do libro “As benfaladas” de María Xosé Porteiro.

María Xosé Porteiro é xornalista, escritora, política e feminista radicada en Vigo dende a súa adolescencia. Na súa faceta como escritora publicou varios libros, como “Quen é quen no primeiro Parlamento Galego” (1981); “A comunicación en Galicia” (1999); “Covardes” (2000); ou “Vine, vi... y hablé. Las mujeres frente al discurso público” (2012).

Encontro en Tui con Ivonete da Silva dentro da programación do 8M

Undefined

A programación do Concello de Tui “Os nosos dereitos, hoxe, mañá e sempre” polo 8M, Día Internacional da Muller, continúa mañá mércores ás 18 h no edificio Francisco Sánchez. Será cun encontro con Ivonete da Silva, autora da tradución do libro da estadounidense Mikki Kendal “Feminismo de barrio”.

Mikki Kendall é ensaísta, activista e crítica estadounidense recoñecida pola súa loita contra o racismo.

O Concello de Tui reafirma o seu compromiso en seguir traballando por unha igualdade real e efectiva

Undefined

O Teatro Municipal de Tui encheuse onte á noite para reivindicar a igualdade  no acto institucional do 8M. Un acto que como sinalou o alcalde, Enrique Cabaleiro, se realiza dende “a plena convicción de que os poderes públicos, e os repersentantes públicos,  temos a responsabilidade de liderar, dende o discurso e dende o exemplo, as reivindicacións do movemento feminista”.  Nunha situación cunha realidade con “certos nubarróns no horizonte” desexaba o rexedor tudense que “ogallá as nosas fillas acaden unha plenitude de dereitos e liberdades”.

Páginas

Suscribirse a RSS - Igualdade