Este sábado impartirase un curso gratuíto de autodefensa para mulleres
Dentro da campaña “Tui en Negro” que se está a desenvolver en Tui promovida polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, este sábado impartirase o curso “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”, que foi concedido pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.




