Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é  misión fundamental do urbanismo municipal.

MODELOS E SOLICITUDES URBANÍSTICAS

Comezan as obras de urbanización do Paseo da Corredera e Augusto González Besada

Undefined

Esta semana deron comezo as obras de urbanización do Paseo da Corredoira e da rúa Augusto González Besada, unha intervención destinada á recuperación deste espazo como punto de encontro e convivencia, garantindo a mellora da mobilidade peonil, a integración urbana e a renovación das infraestruturas nun contorno histórico. Trátase da Fase 1 dun proxecto que conta cun investimento de 1.165.581,54 euros, financiado con cargo do programa PON2030 da Deputación de Pontevedra. O prazo de execución estimado é de oito meses.

O concello de Tui abre un proceso de consulta pública para a nova ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles

Undefined

O Concello de Tui ten aberto un trámite de consulta pública para a elaboración da Ordenanza reguladora da conservación e rehabilitación de inmobles, informe de avaliación de edificios e rexistro municipal de solares. O obxectivo desta normativa é garantir a seguridade, salubridade, funcionalidade e ornato público dos terreos e edificacións do municipio.

Aprobada a modificación urbanística que permitirá a rehabilitación da antiga Alfándega en Tui

Undefined

A recuperación da contorna da antiga alfándega na Avenida de Portugal, a carón da vella Ponte Internacional, vén de dar un paso importante ao culminar o proceso de modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal neste punto, iniciado polo Concello de Tui a instancias da Cámara de Comercio.

Tras o requirimento realizado polo Concello hoxe comezou a demolición parcial dun edificio declarado en ruína na rúa Colón

Undefined

Esta mañá comezaron os traballos de demolición parcial do edificio situado no número 7 da rúa Colón para garantir a seguridade na súa contorna. O Concello que Tui, a través da concellería de Urbanismo, tras a declaración de ruína do inmoble, ante a situación de deterioro que presenta, no mes de xullo requiriu aos propietarios, neste caso á Xunta de Galicia, para garantir a seguridade no mesmo e evitar posibles danos ou o colapso da edificación co paso do tempo.

Rematada a rehabilitación de cinco vivendas en Caldelas para alugueiro social

Undefined

O Concello de Tui finalizou recentemente as obras de rehabilitación de cinco vivendas municipais situadas no antigo cuartel de Caldelas, que se destinarán a alugueiro social. Estas actuacións, supuxeron un investimento total de 425.743,84 euros, dos que o Concello de Tui aportou 175.743,84 euros de fondos propios e o polo Instituto Galego de Vivenda, IGVS 250.000 €.

A rehabilitación das vivendas tivo en conta a eficiencia enerxética das mesmas dende o illamento, á a iluminación con luces led, ou o sistema de calefacción con aerotermia.

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

Undefined

O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade pasando do actual sistema de lámpadas de vapor de sodio por luminarias con tecnoloxía led co que se mellorará a eficiencia enerxética, se deixarán de emitir máis de 51 toneladas de C02, e se aforrarán máis de 17 mil euros ao ano.

Anuncio de aprobación inicial da Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa

Undefined

Aprobada inicialmente a Ordenanza reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa por acordo do Pleno de data 1 de abril de 2024, queda exposto ó público o expediente, por un prazo de trinta días hábiles, aos efectos de que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións e suxestións que estimen oportunas, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.

Tui gañará espazo de prioridade peonil na Avenida da Concordia e en Areas dentro da Rede Ágora

Undefined

Establecer a prioridade peonil, mellorando a calidade xeral, e garantindo a accesibilidade universal serán os obxectivos dos proxectos que se van redactar na Avenida da Concordia e en Areas. Para a súa redacción o Concello de Tui recibirá unha subvención de 48.460,50 euros da Deputación de Pontevedra coma concello pertencente á Rede Ágora dentro da convocatoria para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables.

O concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal

Undefined

O Concello de Tui está procedendo á renumeración dos inmobles do termo municipal, un cambio co que se pretende pór fin aos problemas que se rexistraban até a actualidade tanto no referido á denominación coma a numeración das vivendas e fincas, e tendo en conta a importancia que para a veciñanza ten que tanto os nomes das rúas coma a numeración das vías sexa a correcta.  Este cambio foi aprobado de forma definitiva en pleno o 24 de novembro de 2022.

Convócase unha reunión informativa para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM en San Bartolomeu

Undefined

O Concello de Tui convoca unha reunión informativa o próximo xoves, 15 de xuño, ás 19 h no salón de plenos da casa do concello para a veciñanza afectada pola modificación puntual do PXOM da reforma urbanística da zona de San Bartolomeu.

Páginas

Suscribirse a RSS - Urbanismo