Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Trazar as liñas mestras da ordenación do territorio, e autorizar as actuacións permitidas en cada ámbito son as tarefas básicas do Urbanismo municipal, pero mais aló deste labor fundamental en calquera cidade, o urbanismo busca tamén conseguir que a vida dos cidadáns se desenvolva nun entorno amable e cómodo. Unhas rúas cada vez mais humanizadas, no sentido mais estrito da verba, pensadas, deseñadas e realizadas para o día a día das persoas. O conxunto Histórico de Tui co seu Plan Especial é unha das máximas preocupacións urbanísticas da cidade. Buscar que o casco urbano creza de xeito ordenado e atractivo e que o rural sexa un espazo harmonioso e que conserve o seu patrimonio é  misión fundamental do urbanismo municipal.

MODELOS E SOLICITUDES URBANÍSTICAS

O Concello de Tui solicita a colaboración cidadá tras a renovación das plantas en xardíns e maceteiros da cidade

Undefined

A concellería de Parques e Xardíns do Concello de Tui está a realizar traballos para renovar, e nalgún caso mudar, as plantas existentes nos distintos xardíns do centro urbano e tamén nos maceteiros colocados nas rúas tudenses.

A Avenida de Portugal será remodelada cun investimento de 750 mil antes do Xacobeo 2021

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, amosou hoxe a súa satisfacción polo compromiso do goberno central para levar a cabo a remodelación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento co Parador de Turismo. Así llo confirmou a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, na reunión que mantiveron este mediodía na casa do concello.  O alcalde lembrou que esta era unha vella demanda da cidade que fóra xa obxecto dunha moción plenaria en 2011 e que cando chegaron ao goberno en 2015 foi a primeira memoria valorada que realizaron.

A vindeira semana comezarán os traballos do Plan de Mellora, diagnose e elaboración dun catálogo de procedementos do departamento de Urbanismo

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o inicio dos traballos do Plan de Mellora, Diagnose e Elaboración do Catálogo de Procedementos do departamento de Urbanismo que comezará a vindeira semana e estará rematado en 3 ou 4 meses aproximadamente.  A presentación correu a cargo de Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui en funcións, e de Manuel Veloso, da empresa adxudicataria EOSA.

O traballos van tratar diversos ámbitos:  normativo, de organización e funcionamento do departamento, os sistemas de información e os recursos humanos e o seu desenvolvemento.

Presentación do inicio dos traballos do Catálogo de Procedementos e Auditoría do Departamento de Urbanismo

Undefined

Mañá, venres 6 de xuño, ás 12.30h terá lugar no salón de concelleiros do Concello de Tui a presentación do inicio dos traballos do Catálogo de Procedementos e Auditoría do Departamento de Urbanismo.

Na presentación estarán o alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, e Manuel Veloso de EOSA, empresa encargada dos traballos.

O Concello de Tui convoca un Concurso de Ideas para a Reordenación da Fronte Fluvial de Tui entre a vella Ponte Internacional e os Xardíns de Troncoso

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o Concurso de Ideas para a Reordenación da Fronte Fluvial. Estiveron no acto o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Antonio Davila, Manuel Martínez e Simón Pereiro da delegación en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia.

Tui é un dos concellos beneficiarios do plan Rexurbe da Xunta

Undefined

Tui será un dos concellos que se beneficie do programa Rexurbe da Xunta de Galicia. En concreto o Instituto Galego de Vivenda e Solo, IGVS, destinará 300 mil euros á adquisición de inmobles situados no conxunto histórico de Tui para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación.  

Tui presentou esta mañá o proxecto de reforma da praza de Frómista no marco da ARI

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o proxecto de reforma da Praza de Frómista, dentro do Plan Estatal 2013-2016 da ARI, Área de Rehabilitación Integral. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Patrimonio e Cultura, Eduardo Freiría, e os arquitectos da empresa encargada do proxecto, Dobledé Arquitectos, Antonio de Ozámiz e Jose Manuel de Marcos.  

Incorpórase unha nova técnica de Administración Xeral ao departamento de Urbanismo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ás concelleiras de Urbanismo, Mª Jesús da Silva, e  Persoal, Mila González e ao concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, deron hoxe a benvida á nova Técnica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo, Miriam Piñeiro Rodríguez.

A nova técnica substitúe á técnica de Urbanismo que arestora está de baixa laboral. O horario de atención ao público será os mércores de 9 a 14h.

A proposta de Diagnóstico e Plan de mellora do departamento de Urbanismo recolle a actuación en catro ámbitos

Undefined

Centrar e documentar os procesos de urbanismo actuando no ámbito normativo, nos sistemas de información, nos recursos humanos, e a organización e funcionamento do servizo é o obxectivo da proposta de Diagnóstico e Plan de Mellora do departamento de Urbanismo presentada pola empresa EOSA, que hoxe foi dada a coñecer polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o representante da empresa EOSA, Manuel Veloso.

Páginas

Suscribirse a RSS - Urbanismo